Concello de Carral
Ilustración da portada: Ángela Fernández
Deseño gráfico e maquetación: Carlos Lorenzo Pérez
Reservados todos os dereitos de reproducción: nin a
totalidade nin parte deste poemario poden reproducirse
ou transmitirse por ningún procedemento electrónico,
mecánico ou fotográfico sen permiso escrito dos autores
e autoras.
Concello de Carral e autoras e autores presentes
neste poemario.
Carral – A Coruña – 2008
O Club de Poesía de Carral presenta neste exemplar parte
das creacións que os seus membros levan desenvoltos nos
últimos meses.
Se POEMAS I foi o poemario que serviu de presentación do
club, esta segunda recompilación xa pretende ser o
segundo membro dunha familia, agardemos que extensa,
de publicacións de seu do club, co que espallamos as nosas
inquedanzas e ilusións.
Agradecemos a participación neste poemario de Xosé Luís
Mosquera Camba, co que tivemos o enorme pracer de
compartir unha velada de confidencias e versos.
Convidámoste a ler estes poemas, animámoste a crear
versos, queremos que compartas con nós o noso amor pola
poesía participando no Club de Poesía de Carral.
Agardámoste.
………………………………………………………………
DE TANTO QUE INTENTÉ SER YO
De tanto que intenté ser yo
una pequeña parte de mi
dejó de ser ella misma,
para empezar a ser una copia de dos.
Tratando de ser tú,
empecé por recordar como se siente uno
al tener el alma encadenado entre sueños rotos,
aquel alma al que ven pero no miran,
al que oyen pero no escuchan.
Y me sentí mezquina,
por haber dejado de ser yo,
por pasar a ser tú de esta forma:
dándome cuenta de que peco
con el mismo pecado sobre el que un tiempo atrás
no concebía el perdón,
ni la rendición.
***Bibiana Caamaño
RE-CONSTRUC-CIÓN
Es lo que tiene el ruido del invierno,
(el que se escucha desde la cama)
que se pierde entre el de la lluvia,
y la luz, el fuego y la vida de cada día,
desaparecen por un momento para pasar
a ser pasado y presente,
esta vez sin futuro.
Son las notas del invierno que perfectamente
colocadas en el pentagrama de la tristeza,
junto con las nubes y el olor
a tostadas con sabor a Domingo
llevan a perder la esperanza;
y la razón se cae una vez más
en un intento por escribir versos
que no le gusten a una misma
que tan sólo le gusten a los demás.
Es lo que tienen las
mañanas de
invierno
sin ti pero contigo,
que de tanto que me enseñaste a hacerme el amor
a mi misma,
acabé por aprenderme el movimiento y,
dejé de amarte,
sin ti y quizá para siempre contigo.
***Bibiana Caamaño
NEGAR
Neguemos nomearnos necios!
Neguémonos! Namentras notables nautas
notifican nocivos naufraxios.
Nós, navallas no noxo nutridas,
noveles normalizados na nausea,
notorios nugalláns nados na nulidade,
noctámbulos nómadas na noite nus,
ninguneados netos neglixentes
neutralizados na neurastenia nai,
nidios nihilistas, nós,
nortearemos negruras neboentas
no novilunio nefasto.
Non necesitamos nardos nin ninfas núbiles,
non necesitamos nigromantes novidosos
nin nazarenos narcisistas.
Necesitamos nadegádas nos nervios neurolóxicos,
necesitamos negar neste normalizado negror nocturno,
negar negando negociados necrófagos
negar nacendo
nacer negando.
***Josefina Gómez
ESQUECIDOS
Aí están, no sepulcro dun caderno,
esquecidos para sempre porque
pese ó entusiasmo do poeta
pese á profusión de metáforas
pese ó elaborado esteticismo
renunciaron ó enigma.
Demasiado anquilosados
demasiado intrascendentes
ou pouco significativos
ou pouco innovadores.
Masturbacións ególatras
dun latexo monocorde.
Non hai Etnas explosivos
só palabras biseladas
feramente, sí,
tenazmente, sí,
intelectualmente, sí,
mais asfixiando a orixe máxica
do ritmo subversivo
sen liberar a materia
sen desangrarse na tinta
sen partirse dende o fondo.
A beleza e a cobardía malpariron
o caderno dos versos mortos.
***Josefina Gómez
CARACOLA
Achégaste como o son da caracola,
ollos azuis e corazón preso.
na mirada…
a auga de mil mares
na cabeza…
a confusión do tempo
no sangue…
as pastillas rosa
coas que perseguir o esquezo
***Mayka Rivas
UN PÉ TRAS OUTRO
Follas dentadas baixo as botas,
os pasos ordenados, un pé tras outro,
o corazón marcando o ritmo,
o ordenado ritmo acelerado,
e na cabeza o caos, o baleiro.
Este é un barrio perigoso,
máis o perigo avanza ó mesmo paso
cos pés compasados que sosteñen,
o desexo que treme no meu corpo.
Podería matarte por un gramo,
un demo branco é a miña meta
unha suor fría, amor de madre
os pasos ordenados, un pé tras outro,
promesas esquecidas, na casa da Xitana.
***Mayka Rivas
MAN
Non te vexo nada ben,
furabolos da dereita,
seica non te levas nada,
co compadre da esquerda,
case o lapis che esvara,
porque ti non o suxeitas,
tes o medio mosqueado,
pois a el nunca te apertas,
o matapiollos está ciumento,
Por ter o anel tan perto,
e o maimiño nin se entera,
do que fas a túa maneira,
ate o pulso está nervioso,
das veces que perdeu conta.
***Eusebio Freire
PARA VER E NON TOCAR
Amosábase unha vez, unha bolboreta,
livián, de fermosísimos cores,
mirábaa pasmado un cativo,
que ao ver que pousaba, cóllea entre os dedos.
Cae o fino po das ás do insecto,
amedrentado pola fraxilidade sóltaa o neno,
e vai ao chan desfeita e sen brillo.
Tenta de voar, pero non pode,
dando tombos vai baténdose na terra
e o rapaz dille entre xemidos,
“Vaite xa, fuxe, que te vai coller un bicho”
Sen darse conta de que o bicho xa a collera.
*** Eusebio Freire
CONSCIENTE de que existo
máis sen folgos para fuxir.
Cando vivía existía,
e senón existo ¿vivo?.
Hipóteses, teoremas, supostos.
Entrecortadamente berro
que me deixen non existir,
para escapar e vivir.
***Lara Sánchez
SERENA DIVINIDADE
a que calma os fíos da harmonía.
Angosta verdade
que fulmina unha categórica palabra: equilibrio.
A miña balanza esculpida con gran afán.
Non quebranto a liña ¿por qué?
***Lara Sánchez
DO MÁIS ALÓ
A H.P. Lovecraft, dende O Barbanza con terror
Cóntalle como chegaron
os deuses a esta terra,
e como aquí aniñaron
entre brión que impregnaron
co salitre da ribeira.
Fóra pensan que é un mito,
unha historia moi galega.
¿Como pode o erudito
escoita-lo monolito
se ten lama nas orellas?
Baixa un río entre ameneiros.
Hai un muíño sen tellas.
Zoa o vento nos loureiros.
Pazos, pombais, rueiros,
aroma das casas vellas.
Granitos, chairas e estremas,
ó lonxe o eco das gaitas,
ídolos nas faltriqueiras.
¿ E o mar…?
¡Sempre o mar!,
batendo rexo,
mar familiar,
mar complexo,
mar da morte e do desexo:
escuma de antigas lendas.
Óense ruídos no faio,
láiase un can nunha eira,
vólvese pingas o orballo.
Non ten lúa a noite mesta.
A fiestra bate entreaberta,
a lámpada segue acesa.
E nese intre da noite
cando unha estrela alumea,
os que estaban agardando
saben que eu estou ALERTA.
***Manuel Rial
POETA
E mentras,
as tuas verbas nos envolvian
O temperado movimento das tuas mans
modelaban a esencia dos espíritus
invadindo o espacio
libre e infinito,
cruzando as chanelas
pechadas,
ata acadar no aire limpo,
nas avelairas, nos salgueiros,
alí xunto cos merlos.
E, mentras
unha inmensidade etérea
inundou os nosos corpos
fundíndose co resplandor
dos teus ollos.
***Mercedes Molares
REXIA PREGUIZA
Réxia pregiza,
noutrora fame de abandono,
réxia soedade de corpo,
de esprito,
dar folgos ó desánimo
i ao prugullo.
Tomar a vida por lorchos
e dar na teima da mentira
mentres o tempo escorrenta,
mentres non volven atrás
os dias.
Nas silvardas
prenden os guedellos,
de quen arrastrado
en torrentes miserias,
viron pasar dias e dias,
e moitas mais noites
de sombra.
E no rebulir
das absurdas ideas,
de imaxes no recanto
xorden fios de cordura,
carraxe de tormento.
O fin,
vida de desencanto,
onde nacen silencios musicais,
onde morren
traxicomedias anónimas.
***Mercedes Molares
MEMORIA
A memoria tornou cinza movediza
versos ondulados navegando
polos horizontes do abismo
onde todo se recrea e se confunde.
Samesuga verde
zugando o sangue das lembranzas
borrando fronteiras efímeras
bordeando o ollo longo do non ser.
Coa man trémula na miña
pregúntasme quen son
e unha bágoa no deserto das meixelas
queda estancada coma un fósil
nas cavernas do tempo e da memoria
***Gema Bermúdez
Á FORZA
Renacín
de entre os cascallos
do meu propio derrubo
Á forza
De crerme
amasando a alma
con bágoas
Á forza
De quererme
con amor prohibido
polos deuses
De vestirme
con aromas de respecto
por ter nacido para ser libre
Con forza
Arrinquei
a venda que preme
e manca o cerebro
E voei
coma as garzas
por ceos vedados
Sempre fora así!!
Pois non
blasfemei
sempre non ha ser así
E voei
sobre os cascallos
do meu propio teito
***Gema Bermúdez
TEMPO/RITMO:08
Estar.
aquí, ahora.
Ver…
…como viejos,
nos hacemos.
Aunque ahora…
no tenga,
importancia.
En el saber,
la constancia…
…nos dará la razón?
Seguir.
Aquí, ahora.
Vencer…
…caminar…
Sumisos…
…En el control
Del espacio
Temporal.
***Alberte Bello
FIGURAS DE LOUZA
Podo escoitar o son da miña cabeza escachando
contra o chan.
Por non ser
católico
enterráronme
no xardín.
Hai días que noto que estou
como na casa.
A última vez
que abrín os ollos
derrubeime nun
abismo…
Fraxilidade…
Porcelana humana.
***Alberte Bello
“TEMPUS FUGIT”
Sentada ao borde de ningures
contemplo as arestas do tempo,
fíos enganosos de liberdade,
amocelos rastrexadores da morte.
Un anxo sen ás peta contra a tarde.
Rompen as cores, sen ruído,
no equilibrio bébedo do horizonte.
Luces mortas baten contra os ollos
como feridas que sangran
nos arrabaldes escuros do silencio.
A soidade escorrega entre os dedos.
Nos ángulos engurrados da memoria
días azuis de auroras compartidas,
imaxes esvaecidas tralo azougue dos espellos.
No frío do aire os fonemas confúndense,
son só incompresibles tatexos
en amordazadas bocas de terra
contra un sol enfermizo de inverno
que se acocha tralas portas dunha bágoa,
morada da miña nudez deshabitada,
áncora afundida nos labirintos do vento.
Pesan as horas penduradas da pel.
As agullas dun impenitente reloxo
marcan pegadas de cinsa sobre uns labios
que onte foron bolboretas incendiadas
e hoxe son só unha vertixe de remoles
contra a invisible lámpada do desexo.
***Concha Parga
NOITES DE CEO RASO
Noites de fume e de alcohol.
Os ollos buscan en ángulos cegos
unha fronteira na que mercar
palabras sen data de caducidade,
ilusións de papel e luces de ceo raso;
unha alfándega na que declarar
a súa equipaxe de bágoas
e de soños luxados, aínda sen estrear;
unha venda para tapar a tristeza
que sangra lentas pingas de soidades;
uns labios envelenados de nicotina
que entre a falsa néboa de cor fucsia
cosan os gumes das cicatrices
con fíos de saliva clandestina…
Noites de chumbo e de xofre.
A carne vibra en ondas de cristal.
Un mar de embravecidos decibelios
profana as fráxiles ruínas do corpo
con tépedas turbulencias de azougue.
Abafas entre loucos alaridos de metal
mentres te devoran dores sen nome
ante a fría mirada de rostros baleiros.
As bocas beben amargor de sombras,
a alma, anfibia no bordel da escuridade,
boquexa húmidas agonías de cervexa.
Só queda sobre o mostrador luxado
unhas gotas de suor, un billete engurrado,
unha música asasina de todas as auroras,
sílabas enferruxadas dun alfabeto morto,
un labio espido alugado por horas
e un amencer mudo que recende a mofo.
***Concha Parga
CASI FRÍOS
Ahora que el recuerdo vuelve tibio
de un tan largo viaje submarino
puedo al fin traerte a mi memoria
sin casi lastimarme.
Cuanta espina en vivo extirpada
cuanta noche sofocando fuegos,
evaporados tus labios imposibles,
distantes tus ojos de los míos.
Fueron tiempos recorridos por la sangre
de inflamadas venas, casi cuerdas,
de latidos desbocados y atrevidos
por ilegales fronteras.
Ahora que el recuerdo vuelve tibio
me declaro casi el mismo y tan distinto,
me confieso ya curado, y casi frío.
Me despierto y me sabes transparente
como un sueño en el deshielo.
Lo que ayer fue una isla en el cielo
hoy es baja marea, que desnuda
de cantos rodados las arenas.
Tibia arena que descubre los pasados
casi míos, casi fríos.
Gajos llenos de atardecer naranja
en la cara oscura, de una luna
casi quieta.
***Ángela Fernández
MÁS ALLÁ DEL TACTO
Se fue contra el viento, más allá del tacto,
y se perdió las acumuladas caricias
de tanta hora cautiva,
de tan fértil dolor, destilado gota a gota
por los huecos vaciados.
La luna tan menguante que lo oculta
tras la derrota de la ausencia,
mientras el colmillo del tiempo- lobo
desgarra los indefensos minutos,
uno a uno, con la pesadez de plomo
de una hoz invisible y silenciosa.
Y siento que se tensa el infinito
hasta el grito, venteado en el cielo,
con la mirada desteñida
de una perdida cometa.
Los vientos idos ya regresan
del cuarto cerrado, de la calma chicha,
y el que se fue más allá del tacto,
y de las caricias,
volvió prendido de otro,
volvió vestido tan extraño.
Las miradas de aceite y de agua
distanciaron los distantes planetas,
disolvieron la sal de los fluidos
hasta los surcos del odio seco.
Es un tren de cercanías que pasa,
y levanta remolinos de hollín
de pasadas hojarascas, de vientos retenidos,
sin pretender parada ni destino. Yo,
de pie en el andén de los que nunca viajan,
dejé el esperar estéril.
Y agité los tactos y las caricias
con un blanco adiós evaporado.
***Ángela Fernández
………………………………………………………..
versos convidados
BANLIEUE
…dun mesmo,
Arrabaldo e nunca centro.
A circunvalación herexe do sangue
E, por suposto, finalmente, o lume.
A música de vento truculenta,
Vella,
Dos Thunderclap e a súa Wilhelmina
Como irrisorio bálsamo
Para tan brutal ferida.
Arden, na noite, todos os motores de explosión
E, ó mencer, o aire cheira a inferno
E os poetas afánanse en citar a Dante.
Os versos conforman un vulgar tratado de urbanismo.
Mozos con rasgos inequivocamente magrebís
Pasan altivos despois de dar por rematada a súa particular versión
Da revolución
Posmoderna.
Xa nada é centro. Todo banlieue
Dun mesmo.
Un coche con queimaduras de, polo menos, terceiro grao xeme no medio da rúa
E soan xa cerca as sirenas
Ou, quen sabe?, Wilhelmina
Está sendo novamente acribillada
Polo brazo ríxido dun tocadiscos
Nunha mansarda carcomida pola traza e a humidade.
***Xosé Luís Mosquera Camba
Gañador do X Certame de Poesía
“Concello de Carral”
[…] Poemas II […]