Feeds:
Artigos
Comentarios

Elixo deixarme levar

Entre os soños mutilados,
de doces encantos vellos,
que quedaron postergados,
polo empuxe doutros novos,
descansa a alma tranquila,
recreando o sentimento,
esquecendo xa o añexo…

Elixir deixarse levar…
pola maxia dos sentidos,
polo camiño inalterable
que traza con amor a túa mirada,
polo xesto das túas mans,
ou quizais pola esencia sutil
que desprenden as túas verbas,
hipnotizado, ou encantado,
trasposto, ou namorado,
coma nun conto de fadas.

Deixándose levar coa mente,
preñada de imaxinarios encontros,
de miradas cómplices de desexo,
de caricias sen límite de nada,
de bicos roubados en cita
de noite solapada ao alba.

Advertisements

A mirada

¿Onde mirades meus ollos?
¿meus ollos onde mirades?
¡mirade onde ai que ollar!
cara adiante e sen vagar.

¿Onde mirades, traidores?
¡meus ollos, mirades lonxe!
cando o tempo ante vos pasa,
e non tentades de velo.

¿Onde mirades desleais?
¿seica vedes moito máis,
que o que rexe todo esto?
¡mirade en redor, e, presto!

Que para votarse a andar,
sen poñer sempre mal xesto,
con un pe diante e outro atrás,
ai que mirar con moito xeito.

Decídeme se o que vedes,
e tan grato que o resto…
parece que non é nada,
de cheos que estades de iso.

Aviso para navegantes:  Aquí tedes as bases para presentarse ó Certamen do Concello de Carral. A Concellería de Cultura  convocou o XII Certame de Poesía “Concello de Carral” dotado con 2000 € e a publicación da obra gañadora na editorial Espiral Maior.

O prazo de presentación de obras estará aberto ata o 25 de marzo. Descargar as bases do certame de poseía de carral 2009

Serei

Serei…,
¡quén sabe o qué serei!
por seguirche a onde vaias,
serei a túa sombra…¡quizais!
por estar achegado a túa saia,
serei a brisa que te levará,
por alumar o teu camiño,
convertereime na túa aura,
serei certeza para o teu corazón,
serei deleite dos teus sentidos,
e tal vez sendo quen son,
serei a túa mesma persoa,
pois nada mellor se me asoma,
para terte e ti terme,
que estar os dous nun só,
acaroados ate a morte.

Haikus

Coas bágoas que caen
dos cálidos suspiros,
devoción certa.

 

Verba valeira
que coma incenso queima,
dúbida certa.

Ai ausencias…

Hai ausencias que matan a ánima,
que feren no máis fondo,
que marcan unha distancia,
que en lembranzas traen esquecidos.

Son ausencias que claman recendos,
de seres distantes, de seres queridos,
de afastados tempos, de bicos perdidos,
de cariños ausentes, de brazos tendidos.

Hai ausencias que coas súas nostalxias,
nos volven silentes, húmidos,
calcínannos a mente, o sentido,
fannos sensibles e máis emotivos.

Son ausencias que nos rouban a calma,
que enchen o noso tempo,
con recoñecementos baldíos,
suxerindo estampas de momentos vividos.

Tanka

Ao vento puro
pídolle que che sopre
e con cariño
teu corpo che refresque
e que o amor che brote.