Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘concursos’ Category

Recibimos este comunicado co nome do gañador do Certame de poesía.

O xurado do XI Certame de Poesía “Concello de Carral”, formado por Luciano Rodríguez, Ánxeles Penas García e Xosé Luís Mosquera Camba, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura María José García Fariña, e como secretario Carlos Lorenzo Pérez, acordou elixir o poemario titulado “Gramática da afirmación” como gañador desta edición do concurso literario.
Unha vez aberta a plica correspondente á obra elixida, comprobouse que o autor é Paulino Peña Álvarez, de Ourense.
O xurado destaca desta obra “a súa madurez lírica, o excelente manexo da lingua, o contrapunto que establece entre lingua e terra, a súa gran musicalidade, o sorprendente das súas imaxes, e que é un libro constructivo”.
Paulino Peña é licenciado en filosofía e ciencias da educación, mestre de ensino primario e coordinador provincial dos equipos de normalización e dinamización lingüística de Ourense.
Este é o primeiro premio importante que acada este poeta ourensán, despois de que gañara en Bilbao, en dúas ocasións, o “Anduriña voandeira”, e noutra ocasión o convocado polo Concello de Serra de Outes.
Paulino Peña ten traballo durante varios anos na promoción das letras galegas, encargándose da coordinación e edición dos vídeos sobre os autores homenaxeados cada 17 de maio. Ademais é autor de múltiples unidades didácticas sobre as Letras Galegas. Todos estes traballos están dirixidos ao sector do ensino e promovidos pola Xunta de Galicia.
A esta edición do premio de Carral presentáronse 38 poemarios, e está previsto o acto de entrega do premio para o día 23 de maio na Biblioteca Municipal de Carral.
Paulino Peña recibirá como premio 2000 euros, ademais de ver publicado o seu libro na colección de Poesía da Editorial Espiral Maior.

Parabéns ó gañador!!!!

Advertisement

Read Full Post »

Declárate

Se tes entre catorce e trinta anos bótalle unha ollada á segunda edición do concurso Lingua de Amor que ven de presentar o Consello da Xunventude.
Lido en Chuza.org

E para todas as idades atoparedes en Bivir as novas traducións de Xiao Roel das obras O monograma, do escritor grego Odysseas Elytis e O cimiterio mareiro, do poeta francés Paul Valéry.

Read Full Post »

Ferve a rede

fervor.jpg
Foto : lysander07

Ferves, eróticamente falando? Aproveita o momento porque podes presentar tres microrrelatos ó concurso Ferve a rede, convocado por Vieiros.

E aínda no caso de que non che interese participar, aproveita para mellorar o teu vocabulario sexual en galego

Read Full Post »