Somos o clube de poesía de Carral. Aquí tedes un perfil dos membros do clube.
Gemma Bermúdez Guerreiro naceu nas beiras do Landro no 1945. O nacer na beira do río pode parecer anecdótico pero para ela é un feito que lle marcou a alma: o río, o mar a auga son elementos sempre moi presentes no que escribe, aínda que non é escritora, só tallerista á que lle encantaría escribir ben, agora que xa xubilada do ensino dispón de máis tempo.
Eusebio Freire Bargados: Autodidacta, bebín de variadas fontes, dende as clásicas ate as contemporáneas. Escribo dende cativo e teño asistido a varios talleres literarios, con Francisco Castro, Yolanda Castaño; Diego Ameixeiras, Xosé Antonio Neira, Fernán-Vello, Eva Veiga, etc. Agora participo nas xuntanzas deste Clube de poesía de Carral.
Josefina Gómez: A Guarda 1970. Licenciada en História. Escribo poesía e relatos cortos. Pese a todo sigo preferindo ler a escribir. Colaboro ademáis en O trasno viaxeiro e Y …lógico.
Bibiana Caamaño naceu saboreando as uvas do cabo de ano un tal día como aquel. Quizáis foi por facelo con vistas ó mar que pronto se decatou de que a profundidade do oceáno en realidade non está tan lonxe como pensamos. Desta forma e xa dende cativa, comezou a xogar coas verbas, na maioría dos casos apoderándose delas para construír o seu propio diario vital. Noutros, simplemente, deixando voar a imaxinación polo simple pracer de facelo.