Pecháronme os ollos
e o entendemento
para que non berrara,
coséronme os beizos.
Ataron os meus brazos,
a uns fríos ferros,
para que non fixera,
nin sinal con eles.
E así ben suxeito,
botáronme enriba,
discursos e mitins.
Dixeron que era,
rebelde e traveso,
un moi mal exemplo,
para os fillos deles.
Laváronme a cara,
tamén o cerebro,
e nun par de días,
xa fun excremento.
Eu non o diría mellor, jejjje, fíxome pensar no sistema educativo deste país, por exemplo. Forza!!!!
Xa, é so un exemplo, porque habría que por case todos os sistemas, certo!!
Graciñas polo teu comentario e por lernos.
Pues muy cierto! Hay siempre un paralelismo entre países, todo parece un enorme espejo. Pero nosotros no miramos en él, pudimos escapar a su influjo y tú exponerlo para abrir bien los ojos y no dormirse. Muy bueno lo tuyo. Un abrazo.
Non o leera, está no outro blogue?.
Gustoume moito ese ar de irremediable tan ben obtido.
Bocps-