Busco camiños novos
entre labirintos
de cadeas arroibadas
para que os meu pés
non se espiñen
sobre a raíz do delirio.
Busco oasis de cordura
para deitar os soños
lonxe dos mapas da rutina.
Procuro buratos de luz
para fuxir das fantasmas,
pero as mans quedan inmóbiles
entre arames de loucura
tecidos con elos agochados
nunha insua de cores ocres.
Racho cos dentes
códigos de incerteza
e bato coa irregularidade
de xeometrías que sangran
clips de incesantes medos,
tortura da miña pel descalza.
Carafio! Canta visualidade neste poema Conchi.
O da “visualidade” non sei se o dis pola foto ou polo poema en si .En realidade van cinguidos, aínda que non era ese propósito cando tirei a foto ( resultado dun intento de facer fotos abstractas) Tempo despois xurdiu o poema.
As imaxes que verte o teu poema no meu maxín, son de inconformismo polo descorrer da vida, de loita por cambiar o vello, o usado sempre, pola sorpresa de algo novo que semelle un descubrimento para os sentidos.
Quizais o poema ten máis miga da que eu podo roer…
En fin, só é a miña opinión.
Una maravilla que no necesita análisis, condice perfectamente con la ilustración que pusiste. Me encantó. beso gordote.
Rosi : Que sorpresa que as túas palabras chegaran a este recuncho!!!
Ao principio non sabía queb eras, pero o nome levoume ao teu blog.
Grazas. De verdade, estou emocionada.
Unha aperta grande, grande.
Va de hermosura sobrado
Y es que me encantan tus versos.
Ya te lo dije hace tiempo,
Un día de esos, de vernos.
A veces comprendo un tercio,
otras, el poema entero,
más no es por falta de lirismo,
soy de “ciencias”, compréndelo.
Aunque no pertenezca al club no pude evitar enviarte este ripio . Con cariño. Un abrazote.