Busco camiños novos
entre labirintos
de cadeas arroibadas
para que os meu pés
non se espiñen
sobre a raíz do delirio.
Busco oasis de cordura
para deitar os soños
lonxe dos mapas da rutina.
Procuro buratos de luz
para fuxir das fantasmas,
pero as mans quedan inmóbiles
entre arames de loucura
tecidos con elos agochados
nunha insua de cores ocres.
Racho cos dentes
códigos de incerteza
e bato coa irregularidade
de xeometrías que sangran
clips de incesantes medos,
tortura da miña pel descalza.