Xunto a vós sinto chorar ao tenro infante,
á quen un día xa distante eu arrolei,
non é o mesmo que aquel dos tempos da ledicia,
que co seu sorriso iluminaba a nosa pel,
agora torna sumido nun catre,
envellecido polos vicios modernos,
que mandaron ao seu pai cara ao alivio,
e teñen desfeita a tecedora dos seus días.
Hoxe a metadona manteno calmo,
dis que mellorou moito…
mais compre dicir que é súa nai quen o mellora,
día tras día con ese amor que so ela lle pode dar.
O teu poema amósanos unha das caras máis duras da vida , na que ti sabes poñer pingas de tenrura, nese home roto de hoxe que foi o infante inocente de onte, nesa nai disposta sempre a acobillar e amar. Creo que iso supón unha gran sensibilidade pola túa parte.
Unha aperta, compañeiro.
Moitas grazas compañeira de letras e sentires. O meu poema quer ser unha homenaxe, a eses pais que a pesares do custo que hai que aturar, loitan por sacar aos fillos do pozo da droga. Sinto moita admiración por iles.
Unha aperta.