Quen non tisnou de amargura
algún día o seu traveseiro,
quen non verteu vidro escoitando
unha cantiga, que lle recordara
o cárcere do seu corazón.
Quen cre no amor aínda,
quen non confunde a súa calor,
quen pensando que era amado,
seguiu ata o final na porfía.
Quen non soñou con ese feliz día
sen pasar por isto ningunha dor,
quen créndose xa na gloria,
aos infernos non caeu,
quen?
moi fermoso
Moitas grazas compañeira, aledome de que che gustara.
Meu amigo: Creo que ultimamente a túa poesía está gañando en beleza e calidade. Sempre resulta gratificante evolucionar e ademáis creo que é o correcto. Un nunca debe quedar ancorado, hai que camiñar cara adiante e ti estalo facendo e con moito tino. Parabéns!!!!!
Ademáis este poema gústame en particular porque expresa sentimentos que case todos albergamos algunha vez…
Unha aperta.
É certo, Conchi,tento de xirar, mais non é doado, vou dando a volta moi a modiño e trato de que sexa cara adiante, xa veremos como me sae.
Alédome moito de que che guste o poema é feito a corazón aberto.
Graciñas pola túa lectura e polo comentario animoso que fas.
Bicos
Hermoso aunque doloroso, expresa desventuras de cada quien al recordar momentos idos. Saludos.
Muchas gracias Rosa María, es un placer verte por aquí.
Bicos.