Brincabas á miña beira co teu sorriso,
bulías levando cousas de acá para alá,
mentres eu te ollaba apaixoado
e ti dicíasme ¡agora xa!
bulías levando cousas de acá para alá,
mentres eu te ollaba apaixoado
e ti dicíasme ¡agora xa!
Logo á tardiña xuntouse xente,
a todos ti atendías sen descansar,
mentres eu vixiaba o teu traballo
e ti dicíasme ¡agora xa!
Chegou a noite escura marcharon todos,
recollías e limpabas ate o chan,
mentres eu te fitaba desesperado
e ti dicíasme ¡agora xa!
Pero ao chegar á cama dis que non podes,
que estás moi cansa e non dás máis,
mentres eu que non miro porque non vexo,
durmo soñando ¡agora xa!
A túa poesía, compañeiro, reflicte a vida.
Esta, máis alá do seu significado, semella unha estampa costumista, incluso podes “ver” o que está a suceder, como se estiveses mirando un cadro.
Unha aperta
Graciñas compañeira, iso era precisamente o que pretendía mostrar, alédome moito de que así o viras.
Un acio de bicos para ti.
amorosa, tierna y dolida queja del amante que espera…
creo que sabe esperar para luego regocijarse. saludos.
Me alegra mucho encontrarte por aquí Rosa María, que leas y comentes mis poemas, muchas gracias por ello.
Un racimo de bicos para ti.