Vivo cego de min
triste amargura,
de non verte preto,
como quixera,
e rexeito a tolemia de esquecerte,
pola esperanza de terte todos os días.
¡Ai, feliz aquel que en todo instante,
a túa imaxe ten na súa procura!
¡como envexo eu a quen contempla,
a túa adorada galanura!
Se estiveses aquí, a miña beira,
en constante cruce de miradas,
con esa luz que irradia o teu sorriso,
non habería ninguén que me atopara.
Sen ti
Xullo 4, 2009 por E.F.B.
A nostalxia, esos restos de luz procedentes de momentos felices que nos forra o corazón de ausencias e de incertas promesas de que algún día retornarán os días azuis, envolve os teus versos.
Volverán os días azuis, non o dubides , meu amigo.
Unha aperta.
Graciñas amiga miña,por acompañarme nas miñas letras e nas miñas esperanzas.
Unha morea de bicos para ti.