A Parca volveu a quedar embarazada,
seus fillos teñen fame e o sangue
non chega para encher todas as bocas.
Por riba da miña cabeza revoan os mosquitos,
parecen voitres ao asexo da súa presa,
por qué será que estes bichos saben
atopar tan facilmente a porcallada.
Alguén me dixo que arrecendo a flores,
certo, coma as funerarias, a flores de defunto.
Hoxe o sol púxose na mais amencer,
e unha negra escuridade sumiu o día.
Unha nube baleiroume o seu contido gris
e empapoume as roupas e os osos,
¡teño frío, mai!
e xa nada nin ninguén pode abrigarme.
Querido compañeiro: Que triste poema! É coma un puño afogando o corazón.
Que a miña man amiga e o meu bico poñan luz entre a néboa.
Graciñas Conchi. Cando un cae nun furado deses, agradecese moito a poderosa man amiga que axuda a saír del.
Un acio de bicos para ti.
E.F.B.,a túa tristura reflexada neste poema…é moi profunda.Pensa que a vida é un sopro que temos que disfrutar,cada minuto,cada segundo.Non podemos enoxarnos por situacións adversas as que desexábamos.Debemos seguir percorrendo o noso camiño con moita ilusión.Quen sabe a quen atoparemos?O camiño ….algunhas veces é longo pero fermoso.Pensa en isto,vale?
Un bico.
Tere, eu agradézoche a túa preocupación por min, pero na miña vida ai altos e baixos, non son tódolos días iguais, e cando toca así, se estou inspirado saen cousas coma esa, de tódolos xeitos, estou desexando atopar a alguén que me axude a estabilizar a miña vida.
Un acio de bicos para ti.
qué bueno poder mostrar poéticamente estos estadios que tiene la vida del ser humano… hace que no estemos tan solos, deseo que esté superado. siempre estamos los blogers compartiendo.
saludos afectuosos.
Ya está superado ese pequeño bache Rosa María. Muchas gracias por tus buenos deseos y por el comentario, me alegra tenerte por aquí.
Un racimo de bicos para ti.