Serei…,
¡quén sabe o qué serei!
por seguirche a onde vaias,
serei a túa sombra…¡quizais!
por estar achegado a túa saia,
serei a brisa que te levará,
por alumar o teu camiño,
convertereime na túa aura,
serei certeza para o teu corazón,
serei deleite dos teus sentidos,
e tal vez sendo quen son,
serei a túa mesma persoa,
pois nada mellor se me asoma,
para terte e ti terme,
que estar os dous nun só,
acaroados ate a morte.
Serei
Febreiro 20, 2009 por E.F.B.
Amor ata a morte…Fermoso desexo expresado nun tenro poema!!!!.
A vida adoita ser distinta, por iso é preciso apreixoar como sexa os bos momentos.
Apertas compañeiro.
Graciñas compañeira, é unha ledicia verte preto das miñas verbas.
Un acio de bicos.