Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Setembro 2008

Ámote

Xa non chores máis meu amor,
aínda que sexa de ledicia,
o corazón acostúmase,
e xa nada lograría,
co pranto acadara.
Miles de veces díxenche que te amo,
que non son ninguén sen a luz dos teus ollos,
que non me movo se non me guía a túa man,
que baixaríache a lúa mesmo que estivera lonxe,
que será o que teña que ser se ti queres que sexa,
que nin unha noite podo estar sen ti,
que non podo recibir o día sen terte ao meu carón.

Advertisement

Read Full Post »

Fogos fatuos

     

Remata o verán. O sol a penas tivo tempo de deixar   debuxada  a nosa silueta nas areas das praias soñadas.
A choiva mollou  notas musicais nas prazas. Baixo as parasoles dos cafés, aínda resoan conversas pausadas, risos estremecidos por un grolo de cervexa en horas sen reloxo.
Durante uns días rompemos o tempo, perdemos  o noso espacio cotián.   Lugares novos, xentes estrañas e recendos descoñecidos  espiron a nosa pel da rutina pegañenta que, ás veces, nos embebeda e adormece e fixeron agromar fogos fatuos nos nosos ollos. Agora, cando o aire cheira a gomas de borrar,  e o outono está a piques de secar  as letras dos xornais que putrefactas ameazan quebrar o futuro baixo os nosos pés, colocamos no álbum das lembranzas un feixe de fotos, que non nos roubaron a alma,  pero que  apreixaron a maxia  de intres  únicos, para que abran as portas do noso cárcere de días grises ao longo  inverno.

Aquí vos deixo unha desas fotos: Ingravidez

                          

                  Un silencio redondo.
                  No seo do aire
                  a realidade é transparente,
                  as mágoas non pesan.
                  Os ollos, silentes espellos,
                  reflicten arestas de cor verde.
                  O corazón estrea un sorriso
                  que deixa un ronsel de nubes
                  pintadas de raias   azuis…
                  Aló abaixo quedou a tristeza,
                  lastre que suca camiños de terra.

                 

       

Read Full Post »

Setembro negro

(foto de Andrea en flickr)

SETEMBRO NEGRO

Vértese o Capital polo burato negro

das alcantarillas.

Os gurús arrepiados non saben

como coutar a hemorraxia.

.

Vértense as vidas negras

sobre as areas brancas.

Os gurús impávidos saben

pero non queren coutar a fame.

.

Sempre hai cousas que nunca entenderei.

Non son gurú.

***

Read Full Post »

Loucura

A loucura vértese polo gume do puñal

cando se desata a psicose posesiva e fera.

.

Un medo ventral impídelle sortear a furia

do verdugo covarde e impotente

que demanda potestade irrenunciable

sobre a ave que antes era eva.

.

Queda só o eco nos xornais, e o tedio

no abaco do analista. A raiba traspasando

a nosa máscara de voayeures cómplices.

.

Poemas de *Naima*

Read Full Post »

¿Ti cres?

Onde van as verbas ocas?
onde os resentimentos de antano?
onde aquelo qué me dicías?
onde están os desenganos?

Hoxe disfrutas dese amor que te desborda,
ese amor que te enche e supera,
que é quizá un amor de primavera,
que disípache a lágrima e a dicha engorda.

Mañá será outro día, outra dúbida esquecida,
e dirás se valía o amor que denantes dábaseche,
mañá, ao espertar deste sono,
verás que ese tempo fíxose pequeno.

Volverás a ser escorregadiza,
a sombra escura, a fácil lágrima,
e a cumprir a túa penitencia,
imposta sen que mediara sentencia,
porque crees que es ti e que non tes cura.

Read Full Post »

A lua

A lua testemuña muda
do noso cariño foi
as estrelas na noite
e o sol ao mencer
cando ti me abandonaches
a esa lua supriquei
pedinlle que axiña volveras
e non volverte a perder.

Read Full Post »