Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Agosto 2008

Sen resposta

Polo fío do coitelo navegando,
atopeite virando xa na outra punta,
e sen tempo para falarche, disimulando,
fúcheste sen escoitar a miña pregunta.

No ar cal ruxido queixeiro,
quedouse colgado o gran estertor,
e pensaches que dicía que me morro,
cando implorábache so un favor.

Coma tan interesada estabas,
non era cousa de mirar en derredor,
diante esperabas e amorriñabas,
detrás había un pasado perdedor.

Advertisement

Read Full Post »

Fuxen…

Vánsenos as ilusións,
en vanos desvaríos,
no saco do esquecido,
perdemos nosos desexos.

Coma fina area,
entre os dedos da alma,
escápasenos o amor,
o vento dos anos,
arrástrao ao recanto perdido.

Ímonos quedando sos,
porque se vai o querido,
as verbas de consolo,
fican soas sen destino.

A soas coa nosa sombra,
culpamos ao noso sino,
sabendo que el se forxa,
xunto co noso cariño.

Read Full Post »

Sentires

Como unha bolboreta no mundo da fantasía,
nútreme do teu cariño,
e voarás en soños,
atenta os sons do silencio.
O vento sentíase na pel,
e traía partículas do teu alento,
largo meus ollos no infinito,
afúndome na escuridade da túa luz,
lonxe da materia e do sentido,
retrocede o tempo.

Poema hecho en el taller de poesía de Eva Veiga por diez alumnos y bajo su tutela, el 21 de Junio de 2008

Read Full Post »

Sono de contrastes

Non me espertes cariño,
se deitado a sombra vesme durmir,
déixame soñar en doce espera,
déixame descansar no camiño,
anque tan so sexa unha quimera,
non me fagas sufrir co meu destino,
que mentres durmo, da vida real,
xa non me lembro.
Durmo recostado nunha nube,
mentres transpórtame o vento,
entregado a visión que obtiven,
o sol que me inunda co seu alento,
a noite muda chegase a miña esquina,
a lúa avísame en vano intento,
que unha estrela a súa luz me reclina,
para que mire no firmamento,
con eses ollos que me bridaches
co cariño que por ti sento,
fai que me una a ese contraste,
de luz e sombra de calma e vento.

Read Full Post »

Por alusións e para que vexades que non me fago de rogar aí o tedes.

Read Full Post »

De Antroido

Baixando a rúa da Torre,
disfrazado de choqueiro,
vin bailando ao Xarrete,
o fillo do taberneiro,
Xarrete ¿ti de qué vas?
pregunteille eu primeiro,
eu vou feito un rapaz,
¿seica non me ves? ¡Larpeiro!

Read Full Post »

Premios Microcoruñas.

Onte, día 9, tivo lugar na Fundación Luís Seoane a entrega dos Premios Microcoruñas patrocinados polo Axuntamento en colaboración con FNAC para lembrar o  800 aniversario da cidade . O acto  estivo presentado por Lino Braxe e animado polo grupo musical “A Caricia da Serpe”
E temos a honra de que entre os finalistas deste concurso, figuren dous membros do Club de Poesía  de Carral: Eusebio Freire Bargados e Maximiliano Navarro, nas categorías de micropoemas e microrelatos en galego, respectivamente. E… entre os gañadores,  e no apartado  de  microcontos en castelán: Ángela Fernández Pérez , compoñente do mesmo Club. Así que  todos nós estamos de …FESTA RACHADA!!!
 Como constancia: A foto dos gañadores,  facilmente recoñecibles polos tremendos (refírome ao tamaño…)  cheques-regalo FNAC   de 800 eurazos  e algúns dos finalistas, sen cheque pero cun gran sorriso.


E como agasallo:  O fermoso microrelato de Ángela

Y Dios creó la luz, y el hombre la subió a la torre, que embrujó las proas y las convirtió en casas de cristal. Y el mar y la  tierra se juntaron y nació A Coruña cargada de sal, de viento y de niebla.

 

Parabéns para os nosos compañeiros e tamén para os outros gañadores: Gutier Roldán, Ivana Díaz  Otero e María Martul Franco.

Read Full Post »

Sen intención

Dinlle un bico de amigo
e na súa boca quedou collida a miña alma
seus dentes asexaban a miña lingua
súas mans a miña pel cultivaban
as miñas tamén a buscaron
parándose nas nádegas
seguiu refregando e buscando
ate atopar o que desexaba
deixoume a boca libre
baixando ate onde el estaba
relamendo, chuchando, comprobando
o poder da turxescencia fixada
erguín ao ceo as mans
e nos seus peitos as pousaba
tenteei a súa dureza, seus pezóns erguidos
dinlle a volta a meu corpo
para ver de axudala
na labor que tiña
que a min xa me apuraba
cadrando a miña boca
con a cova que soñaba
explorei en derredor
e a entrada que enseaba
penetrando sen temor
coa miña lingua desbocada
bebín de aquela fonte
o líquido que brotaba
mais a urxencia e rigor
un abrazo reclamaba
colocándose enriba de min
na postura a carranchas
baixábase, subíase
e a min xa me chegaba
mais de súpeto xirouse
dicíndome que a montara
¡qué pracer case infinito!
foi a mellor cabalgada
con amigas como esta
non preciso de máis nada.

Read Full Post »

O tempo foxe

Alóxanse segundos en corpos de cera,
queimo minutos de triste espera,
arde o reloxo contando as horas,
canto máis o penso os días vanse fora,
os meses foxen do calendario,
os anos moven os díxitos ao seu antollo,
de tal sorte, que non saberás que ano corre,
tan só terás a pista, do meu abandono,
da ruína física do meu corpo,
do tráxico esperpento no que me convertín.
Xa conto o tempo en graos de area,
baleiro a praia alongando o momento,
cando o sol se pon, xiro o movemento,
do calidoscopio dos meus sentimentos,
afánome buscando aquí no máis fondo,
e só a auga co ir e vindo,
transporta esa grava que me vai facendo,
máis fráxil que antes, máis débil, lixeiro,
mentres o tictac que segue contando,
no seu longo camiño sen esperar a ninguén,
prosegue engadindo átomo a átomo,
construíndo unha vida que se vai morrendo.

Read Full Post »