Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xullo 2008

 

 Meus queridos amigos, amantes da poesía, se aínda non vos achegastes ao Museo de Belas Artes  a contemplar  as fotografías de Chema Mandoz ( Madrid, 1958)  paga a pena que o fagades sen perda de tempo . Remata  o día 27.

  

 

Esta exposición amósanos que as metáforas non son  patrimonio exclusivo  da poesía. Trala falsa obxectividade que aparenta descansar sobre os obxectos que a imaxinación do fotógrafo combinou, recreou ou creou,  acóchase   o enigma,  a outra cara da realidade  que nós podemos intentar descifrar ou interpretar. O fotógrafo, xeneroso e cómplice  co espectador, non quixo poñer ningún signo de identidade ás súas obras: nin título , nin comentarios, nin data; nada que nos  condicione  no noso afán  de descubrir o significado de cada foto, de cada obxecto que parece pero non é… Nada que poña cancelas á nosa  fantasía ou a nosa capacidade  de ver o punto crítico que encerran.  Pasear a ollada por estas imaxes é como camiñar por un labirinto  no que imos perdendo a inxenuidade das nosas máis prosaicas realidades e comezamos a intuir outro mundo que xurde cando desposuímos as cousas do seu aspecto  cotián.

Advertisement

Read Full Post »

Agarda

Camiñarei cos pes espidos,
enriba do limiar do teu encontro,
non as sentir a miña pegada engaiolándote.

Chegarei ao teu leito no silencio agardado,
coma un sono de cotío,
coma un desexo que berrará certezas.

Chegarei e abraiarei a nudez das túas cumes,
o paso a teu orto, a fonte do teu zume.

Chegarei, tan so chegarei,
e deixarás estoupar as túas ondas na rompente do meu corpo.

Read Full Post »

O Alzhéimer

Onte cando aínda non te coñecía,
nin sequera sabía o que ía poñer,
onte segundo fun escribindo,
funte coñecendo e empecei a padecer.
Imaxino a túa faciana de engurras sinalada,
polo facer dos anos e por teu proceder.
Eses ollos esquivos de pestanas pregadas,
noutrora espelidos, inquisidores tamén,
hoxe abaten as súas as, nin sequera míranme,
e que é case seguro que non me poden ver.
Eses beizos moi secos, a penas sen movemento,
tan so para beber ou comer,
noutro tempo percorreron cada recanto do meu ser,
e é que xa se esqueceron do carreiro que seguían,
de cal era a recompensa que ao final conseguían,
sublime causa ou efecto da caricia repetida.
Con eses dedos quebrados de mans agora fuxitivas,
que antano paseábanse sen marcar nin deixar pegada,
en cada recuncho da miña pel.
Quixera facer un pacto, implorarlles que non fuxan,
que o roce de miñas mans non lles dea ningún refugo,
que permitan que os meus beizos, a bicos poidan alegralos.

Read Full Post »

Crime

Sígote a unha ducia de pasos, en silencio,
lume fatuo que xea as miradas,
non te decatas, lévasme pegado,
lume lacerante que roe as entrañas,
na esquina encontras ao teu amado,
lume febril que escacha as nosas almas,
bicos e cariños xunto ao mercado,
e a Luger escápanlle dúas balas,
queríate e a miña vida tes arruinado,
non erro nunca a esta distancia.

Read Full Post »