Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Maio 2008

O acto do día 23 de maio na Biblioteca de Carral serviu para presentar o segundo caderno de poesía do Club de Carral. Titulado POEMAS II e cunha portada ilustrada por Ángela Fernández, esta publicación recompila versos escritos pola maioría dos membros do Club de Poesía de Carral. Ademais, Xosé Luís Mosquera Camba cedeu un poema para o apartado de “Versos convidados”, despois de que nos deixara na súa visita ao club, unha grata lembranza.

O Concello de Carral editou 200 exemplares de POEMAS II, que se poden recoller de balde na Biblioteca Municipal de Carral (Casa da Cultura).

Agardamos que vos guste e os vosos comentarios.

Advertisement

Read Full Post »

Paulino Peña recibiu o premio de poesía de Carral, e Xosé Luís Mosquera presentou Nadja c’est moi.

Nun fermoso acto na Biblioteca Municipal de Carral, o 23 de maio, o alcalde de Carral entregou o XI premio de poesía gañado por Paulino Peña co poemario Gramática da afirmación. O autor ourensán recibiu un premio económico de 2000 € e a figura que nas últimas edicións reciben os autores gañadores.

O mesmo acto tamén acolleu a presentación do libro que gañou a décima edición do premio de Carral, Nadja c’est moi de Xosé Luís Mosquera Camba. O libro foi comentado polo poeta e director de Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, e tamén polo propio autor, quen ademais leu algúns fragmentos.

O acto continuou cunha perfomance poética de Valentina Carro, que recibiu por parte do xurado unha mención especial pola orixinalidade do formato do seu poemario; coa presentación do caderno Poemas II do Club de Poesía de Carral, e a actuación de Camilo Franco e Magín Blanco co seu espectáculo Palabras Contadas.

Foi unha velada fermosa e intensa, na que a poesía foi a protagonista.

Read Full Post »

Unha viaxe derivada…

Este é un poema escrito a tres mans. Sentados baixo os soportais dunha praza á que chegamos case ao chou, nunha viaxe virada de rumbo, e mentres agardabamos que parara de chover, xantamos e intentamos engaiolar aquel intre (todos os momentos son únicos ) entre as rellas das palabras. Por certo, a choiva non cesou…

Viaje derivado

Llueve esperma de un dios desconocido
por la entrepierna de la tierra.
El vino , continente varado,
injerta cataratas etílicas en la piedra.
Él hace proposiciones a destiempo.
Ella no comparte el cepillo de dientes,
dos son invasión en su cuarto de baño.
Intervalos de lluvia, olor a café
en una cantera extenuada.
La otra ella combina cuentas
en un collar de sonidos dispersos.
Caen tijeras dentadas sobre intermitentes azules,
una gitana de humo maldice palabras sin sotana.
y el agua suena a flauta seca sobre un bigote bajo.
Ella descansa su pelo de agua oxigenada
sobre un carmín usado.
La otra ella escucha, sin ver,
música de celulosas desafinadas.
Un ojo invisible fragua balas indoloras en el asfalto.
Geranios rojos, cortinas blancas.
Una furgoneta reparte carne,
plástico con sangre de poliuretano.
Bajo los soportales, hierro y cadenas,
él recuerda los quinientos euros de un amor gastado.
Un tren se paró en el almanaque,
lo absurdo, limitado por señales pactadas,
intermitentes azules y blancos.
Cambio de planes:
Era Lugo y es Pontevedra.
Llueve.
No tenemos paraguas.
Nos mojamos….

Eusebio, Ángela y Conchi

 

Read Full Post »

Se tes o día moi plano
se no ves saída ao problema,
non te acedes ti por iso,
rite da vida,
cambia a faciana,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.

Se a parella non te comprende,
se con outro xa se entende,
non te encollas meu amigo,
busca outra,
colle abrigo,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.

Se vas mal e é evidente,
mestúrate con outra xente,
plántalle cara ao mal tempo,
loita por saír adiante,
esquece o dano,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.

Se a pesar do que che digo,
non te entonas, estás espeso,
non te aflixes ti con iso,
ergue o corpo,
sen mirar o embigo,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.

Read Full Post »

Esas mulleres…

¡Cariño! ¿onde puxeches a miña roupa?
pánico me da tocar nada,
está todo tan ben colocadiño…
pero, ¿que é cada cousa?
si, os calcetíns xa se ve
¿é o resto?
¿podo revolver neste montón?
xa…, despois ti tes que amañalo
¿daquela ves a darmo?
a camisa e os pantalóns xa os vexo
primeiro ei por a roupa interior
¿qué dis? ¿qué agora ves ti e me das todo?
¡Graciñas miña rula, perderíame se non fora por ti!

Read Full Post »

Levitando

Chameite ¡amor!
e deixaches ca tenrura
se fixera dona de ti,
ate tremar coma unha folla
dunha arbore no outono,
a piques de caer,
pero resistíndose aínda.
Así, ofrecíchesme os beizos,
tremosos tamén,
vibrantes pola paixón do intre.
Enlazaches a túa pálida man ca miña,
que o collela e notala tan suave,
tan fría, tan fráxil,
pensei sostela soamente
non se fora partir.
E o bico, sublime agarimo,
que me lanza o universo.
Diría que floto no cosmos,
sen saber realmente a miña postura no espacio.
E mais, diría que perdo o sentido,
e atópome nunha nube gozosa de algodón, suave toda.

Read Full Post »

 Non  o esquezades, o venres, dia 23 ás 20:30 tedes unha cita na Biblioteca Municipal  de Carral                   

                             O CONCELLO DE CARRAL

 Comprácese en convídalo/a ao acto de entrega do premio do

             XI CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”

 O acto contará co seguinte programa:

    – Entrega do premio a Paulino Peña Álvarez pola súa obra “Gramática da afirmación”

    – Presentación do libro “Nadja c’est moi” de Xosé Luís Mosquera Camba (gañador do X Certame de Poesía Concello de Carral)

    – Presentación da perfomance poética “A perfomance da vulvareta” de Valentina Carro Padín.

    – Presentación do poemario Poemas II do Club de Poesía de Carral.

    – Espectáculo Palabras contadas, unha narrativa musical de Camilo Franco con música en directo de Magín Blanco.

 O acto, que contará coa participación de José Luis Fernández Mouriño (Alcalde de Carral), Xosé Luis Mosquera Camba (autor de Nadja c’est moi e membro do xurado da undécima edición do certame poético), Ánxeles Penas e Luciano Rodríguez (membros do xurado da undécima edición do certame poético), e de Miguel Anxo Fernán Vello (editor), terá lugar o venres 23 de maio,  ás 20:30 h na Biblioteca Municipal (Casa da Cultura, Paleo nº 17, Carral

Read Full Post »

Estou relendo a un dos meus poetas preferidos, José Ángel Valente, e quero compartir con vós o que di da escritura no seu libro Mandorla (1980-1982)

“Escribir es como la segregación de las resinas; no es acto, sino lenta formación natural. Musgo, humedad, arcillas, limo, fenómenos del fondo, y no del sueño o de los sueños, sino de los barros oscuros donde las figuras de los sueños fermentan. Escribir no es hacer, sino aposentarse, estar.”

E no mesmo libro, falando da poesía:

                                                                                         Al maestro cantor

“Maestro, usted dijo que en el orbe de lo poético las palabras quedan retenidas por una repentina aprehensión, destruidas, es decir, sumergidas en un amanecer en el que ellas mismas no se reconocen. Hay, en efecto, una red que sobrevuela el pájaro imposible, pero la sombra de éste queda, al fin, húmeda y palpitante, pez-pájaro, apresada en la red. Y no se reconoce la palabra. Palabra que habitó entre nosostros. Palabra de tal naturaleza que, más que alojar el sentimiento, aloja la totalidad del despertar”

Read Full Post »

Hoxe, día 16 de maio ás 19:00 horas, na Libraría de O Corte Inglés, os membros do Club de Poesía, constituído recentemente a raíz dun cursiño impartido por Miguel Anxo Fernán-Vello, lerán unha escolma de poemas de Xosé María Álvarez Blázquez, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letra Galegas. A todas as persoas que o desexen facilitaránselle textos para que se sumen a esta homenaxe. Animádevos!

Read Full Post »

Boa viaxe

Fúcheste case sen facer ruído,
en noite de ceo estrelado,
o teu luceiro foi esmorecéndose paseniño, paseniño,
ate quedar o seu sitio esvaecido no escuro,
coma se fose un oco da mesma cor.
Hoxe fuxiu ao infinito a túa estrela,
tan lixeira na saída, que non deches tempo as despedidas.

Read Full Post »

Older Posts »