Díxenche… Amor, e contestaches,
que nunca te dixera, ¡quérote!
falamos de que hai moitas formas de dicilo,
díxencho con feitos,
con murmurios de follas secas,
con ramos de rosas roxas,
con encontros abraiantes,
con aceptacións inesperadas,
con perdóns non pedidos,
con erros emendados,
con enfados extinguidos.
Sempre estiven ao teu carón,
aínda sen ter nada contigo.
Archive for Abril 2008
Amor
Posted in General, poemas on Abril 29, 2008| Leave a Comment »
Ganador do XI Certame de Poesía “Concello de Carral”
Posted in concursos, eventos, poemas on Abril 28, 2008| Leave a Comment »
Recibimos este comunicado co nome do gañador do Certame de poesía.
O xurado do XI Certame de Poesía “Concello de Carral”, formado por Luciano Rodríguez, Ánxeles Penas García e Xosé Luís Mosquera Camba, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura María José García Fariña, e como secretario Carlos Lorenzo Pérez, acordou elixir o poemario titulado “Gramática da afirmación” como gañador desta edición do concurso literario.
Unha vez aberta a plica correspondente á obra elixida, comprobouse que o autor é Paulino Peña Álvarez, de Ourense.
O xurado destaca desta obra “a súa madurez lírica, o excelente manexo da lingua, o contrapunto que establece entre lingua e terra, a súa gran musicalidade, o sorprendente das súas imaxes, e que é un libro constructivo”.
Paulino Peña é licenciado en filosofía e ciencias da educación, mestre de ensino primario e coordinador provincial dos equipos de normalización e dinamización lingüística de Ourense.
Este é o primeiro premio importante que acada este poeta ourensán, despois de que gañara en Bilbao, en dúas ocasións, o “Anduriña voandeira”, e noutra ocasión o convocado polo Concello de Serra de Outes.
Paulino Peña ten traballo durante varios anos na promoción das letras galegas, encargándose da coordinación e edición dos vídeos sobre os autores homenaxeados cada 17 de maio. Ademais é autor de múltiples unidades didácticas sobre as Letras Galegas. Todos estes traballos están dirixidos ao sector do ensino e promovidos pola Xunta de Galicia.
A esta edición do premio de Carral presentáronse 38 poemarios, e está previsto o acto de entrega do premio para o día 23 de maio na Biblioteca Municipal de Carral.
Paulino Peña recibirá como premio 2000 euros, ademais de ver publicado o seu libro na colección de Poesía da Editorial Espiral Maior.
Parabéns ó gañador!!!!
Poesía de nós as dúas
Posted in Galiza, poemas, tagged Angela F., poemas on Abril 23, 2008| 1 Comment »
No principio dos tempos a ameba alzou un berro
cara ao ceo, insultante,
preguntando por deus
mais Él non contestou
sò plantou unha maciñeira
e ofreceulle a mazá coloradiña
co corazón carcomido pola culpa
dun verme taladrando o cerebro
da Humanidade podre
do desencanto do mundo.
Ángela-Gema, Playa Club
03 – 03 – 08
A vin chegar e me entregou a súa
liberdade con aquel lazo,
a tenrura abriulle paso a paixón
e esta desbocouse fundíndonos,
nun amor que durou…,
o que dura unha estrela fugaz no ceo,
o lazo final estaba desfeito,
sen ataduras corpóreas,
anque as nosas almas seguiron unidas.
Ate que co paso dos anos,
aquela semente que estaba durmida,
nun aeroporto volveuse a vida,
collinlle a cintura, das miñas mans perdida,
sentín a súa boca buscando a miña,
seu corpo mirrado aínda me quería,
non puiden rexeitala ¡seguía tan viva!
que aquela noite de lúa de mel…,
…de doce mel anque tardía,
de lonxevos bicos, de febles caricias,
entregouse enteira con amor e dicha,
e xurou que en vida, nunca desfaría,
o ditoso lazo que salvou dúas vidas.
Galego fora de Galicia
Posted in eventos, General, tagged galego, lingua on Abril 21, 2008| Leave a Comment »
Recollín este texto do blog do Náufrago
A mesa redonda en Salamanca estivo moi ben. Anxos Sumai e O Leo brillaron coma sempre. Eu fixen o que puiden.
En calquera caso, foi un pracer enorme ver alí tanto alumnado de galego de fóra de Galicia. Xente non galega interesada en aprender a nosa lingua e saber da nosa literatura.
Tralo acto, digamos, académico, tivemos a oportunidade de parolar cun par de estudantes non galegas ( de Madrid e Ávila ) que, a pesar disto e de non ter por que, estudaban galego e dicíannos que non entendían como podía haber xente, en Galicia, que renuniciase á riqueza de ter unha lingua de seu.
Eu, desde logo, tampouco o entendo.
Fúcheste case sen facer ruído,
en noite de ceo estrelado,
o teu luceiro foi esmorecéndose paseniño, paseniño,
ate quedar o seu sitio esvaecido no escuro,
coma se fose un oco da mesma cor.
Hoxe fuxiu ao infinito a túa estrela,
tan lixeira na saída, que non deches tempo as despedidas.
Se tes entre catorce e trinta anos bótalle unha ollada á segunda edición do concurso Lingua de Amor que ven de presentar o Consello da Xunventude.
Lido en Chuza.org
E para todas as idades atoparedes en Bivir as novas traducións de Xiao Roel das obras O monograma, do escritor grego Odysseas Elytis e O cimiterio mareiro, do poeta francés Paul Valéry.