Aproveitando que onte foi o día da poesía deixo dúas definicións miñas sobre o tema:
A poesía é a liberdade da palabra, por iso os poetas son considerados inimigos dos gobernos totalitarios
A poesía é unha viaxe na procura da identidade das nosas emoción e das causas que xustifican a realidade
21 de Marzo…Data primordial dunha vida aínda sen determinar.DÍA DA POESÍA.
Primavera.
Anxo salvador.
Manancial
de auga brava.
Estación
do amor,
da risa,
do lamento.
Vestida de cores
nos brazos do vento.
Aromas,
achegados recendos.
Cun pano de cristal
secas as miñas bágoas,
xeadas no inverno.
Primavera.
Frescura das herbas.