Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Febreiro 2008

Biblioteca de poesía

Mañán inauguran Nova biblioteca de poesía en Culleredo

Read Full Post »

Por fin o unicornio fíxome sentir

Viaxeiro incansable
Que vés de alí onde o mundo acaba
Cabaleiro no teu carro utilitario
Por eses camiños ateigados de curvas e medos
Que a pesares do mal que desfai os teus miolos
Non dubidas en erguerte antes que o día naza
Antes que a xeada calme
Para seguir na procura do teu unicornio
Que máis cedo ou máis tarde farache sentir
Hoxe que penso chego a tempo, recórdote.
Lembro a túa inquedanza
Por aprender a transmitir o pensamento
Cheo de vivencias e novas creacións
Que gustas comunicar en afables coloquios trás o café
A túa loita co mal que te aflixe
E o teu ir e vir que fará que
Por fin o unicornio che faga sentir.

por Eusebio Freire Bargados ( adicado a Roberto)

Advertisement

Read Full Post »

Clube de poesía

Unha vez ó mes reunímonos na biblioteca do concello de Carral, A Coruña. Somos un club de poesía de xente de tódalas idades. Anímate a participar.

E xa que estamos, non esquezas que o Concello de Carral convoca tódolos anos un importante certame de poesía.
O XI Certame de poesía “Concello de Carral está dotado cun premio de 2.000 euros e a publicación da obra gañadora na coleción de poesía de Espiral Maior.
As obras deberán estar escritas en lingua galega, cun mínimo de 400 versos. Tes que presentala antes do 15 de marzo de 2008 na Biblioteca Municipal deste concello.

Read Full Post »