A Parca volveu a quedar embarazada,
seus fillos teñen fame e o sangue
non chega para encher todas as bocas.
Por riba da miña cabeza revoan os mosquitos,
parecen voitres ao asexo da súa presa,
por qué será que estes bichos saben
atopar tan facilmente a porcallada.
Alguén me dixo que arrecendo a flores,
certo, coma as funerarias, a flores de defunto.
Hoxe o sol púxose na mais amencer,
e unha negra escuridade sumiu o día.
Unha nube baleiroume o seu contido gris
e empapoume as roupas e os osos,
¡teño frío, mai!
e xa nada nin ninguén pode abrigarme.
Publicado en General, poemas | 6 Comentarios »
Déixame os beixos meu ben,
a rentes dos meus beizos,
e se non estou,
bótamos,
que mos traia o ar,
con eles virá a túa imaxe,
recordos enguedellados,
teño saudade de ti,
preciso estar ao teu carón,
escoitar a túa voz,
sentir os teus aloumiños,
¡morro polos teus bicos!
¡morro por unha aperta túa!
Publicado en General | 6 Comentarios »
Entre os soños mutilados,
de doces encantos vellos,
que quedaron postergados,
polo empuxe doutros novos,
descansa a alma tranquila,
recreando o sentimento,
esquecendo xa o añexo…
Elixir deixarse levar…
pola maxia dos sentidos,
polo camiño inalterable
que traza con amor a túa mirada,
polo xesto das túas mans,
ou quizais pola esencia sutil
que desprenden as túas verbas,
hipnotizado, ou encantado,
trasposto, ou namorado,
coma nun conto de fadas.
Deixándose levar coa mente,
preñada de imaxinarios encontros,
de miradas cómplices de desexo,
de caricias sen límite de nada,
de bicos roubados en cita
de noite solapada ao alba.
Publicado en Carral, General, poemas | Deixar un comentario »
¿Onde mirades meus ollos?
¿meus ollos onde mirades?
¡mirade onde ai que ollar!
cara adiante e sen vagar.
¿Onde mirades, traidores?
¡meus ollos, mirades lonxe!
cando o tempo ante vos pasa,
e non tentades de velo.
¿Onde mirades desleais?
¿seica vedes moito máis,
que o que rexe todo esto?
¡mirade en redor, e, presto!
Que para votarse a andar,
sen poñer sempre mal xesto,
con un pe diante e outro atrás,
ai que mirar con moito xeito.
Decídeme se o que vedes,
e tan grato que o resto…
parece que non é nada,
de cheos que estades de iso.
Publicado en General | Deixar un comentario »
Aviso para navegantes: Aquí tedes as bases para presentarse ó Certamen do Concello de Carral. A Concellería de Cultura convocou o XII Certame de Poesía “Concello de Carral” dotado con 2000 € e a publicación da obra gañadora na editorial Espiral Maior.
O prazo de presentación de obras estará aberto ata o 25 de marzo. Descargar as bases do certame de poseía de carral 2009
Publicado en Carral, Galiza, concursos | Deixar un comentario »
Febreiro 20, 2009 by E.F.B.
Serei…,
¡quén sabe o qué serei!
por seguirche a onde vaias,
serei a túa sombra…¡quizais!
por estar achegado a túa saia,
serei a brisa que te levará,
por alumar o teu camiño,
convertereime na túa aura,
serei certeza para o teu corazón,
serei deleite dos teus sentidos,
e tal vez sendo quen son,
serei a túa mesma persoa,
pois nada mellor se me asoma,
para terte e ti terme,
que estar os dous nun só,
acaroados ate a morte.
Publicado en General | 2 Comentarios »
Febreiro 11, 2009 by E.F.B.
Coas bágoas que caen
dos cálidos suspiros,
devoción certa.
Verba valeira
que coma incenso queima,
dúbida certa.
Publicado en General | Deixar un comentario »
Xaneiro 29, 2009 by E.F.B.
Hai ausencias que matan a ánima,
que feren no máis fondo,
que marcan unha distancia,
que en lembranzas traen esquecidos.
Son ausencias que claman recendos,
de seres distantes, de seres queridos,
de afastados tempos, de bicos perdidos,
de cariños ausentes, de brazos tendidos.
Hai ausencias que coas súas nostalxias,
nos volven silentes, húmidos,
calcínannos a mente, o sentido,
fannos sensibles e máis emotivos.
Son ausencias que nos rouban a calma,
que enchen o noso tempo,
con recoñecementos baldíos,
suxerindo estampas de momentos vividos.
Publicado en General | 4 Comentarios »
Xaneiro 13, 2009 by E.F.B.
Ao vento puro
pídolle que che sopre
e con cariño
teu corpo che refresque
e que o amor che brote.
Publicado en General | 4 Comentarios »
Xaneiro 12, 2009 by E.F.B.
Son eses ollos,
consentidos traidores,
que amor propoñen.
Publicado en General, poemas | 2 Comentarios »