Déixame os beixos meu ben,
a rentes dos meus beizos,
e se non estou,
bótamos,
que mos traia o ar,
con eles virá a túa imaxe,
recordos enguedellados,
teño saudade de ti,
preciso estar ao teu carón,
escoitar a túa voz,
sentir os teus aloumiños,
¡morro polos teus bicos!
¡morro por unha aperta túa!
Bicos ao ar
Marzo 25, 2009 by E.F.B.

O ar cargado de bicos , de ausencias, de lembranzas, de soños, de saudade… Sentementos que acariñan a pel e quentan o corazón …
Que o ar frío desta tarde de domingo che sexa propicio compañeiro e que o amor siga florecendo nos teus versos!
É unha ledicia atopar un comentario teu das miñas verbas.
Graciñas por lerme, por comentar e polos teus bos desexos para min.
Un acio de bicos para ti.
E.F.B.
Canta tristura nos teus poemas!!!Ocorre algo?Si fose así…pensa que calquer problema ten solución,si ti o desexas.
Unha gran aperta.
Tere G.B.
Tere, cada poema meu é o resultado da inspiración do momento, e dependendo de cómo se atopen os meus miolos nese intre, así é o poema.
Agradézoche moito a túa preocupación e o teu consello, aínda que non sei como desexalo máis, se non o desexara, sería parvo, non? Quén quere problemas?
Moitas grazas por lerme e polo teu comentario, es moi amable.
Un acio de bicos para ti.
Hoxe abrín esta páxina,despois de tanto tempo.Estou liada.Cursiños e…xa sabes que editarei….pendente das ilustracións que aportará unha amiga,pintora e compañeira.
Estás millor?Eso desexo.Espero que os teus poemas volvan a ser a luminosidade do teu interior.
Moitos bicos.
Graciñas polos teus desexos Tere, eu tamén o espero.