Debaixo da mirada desta lúa chea,
miña namorada recostase en min,
sentindo un sopro de quietude serea,
tan cheo deste gozo nunca me sentín.
Aloumiños e bicos de os dous xurdiron,
medrados entón con un gran frenesí,
as roupas de súpeto ao chan caeron,
deixándose os corpos sen volver en si.
A lúa ao desexo con voz doce chama,
alleos ao mundo seguemos alí,
e o meu corazón de paixón fai flama.
Ese amor tan grande, fixo a dona en min,
para dous amantes que seu amor expoñen,
dous seres se queiman con ardor febril.

As lapas da paixón incendian as palabras deste poema, as súas muxicas espállanse polo ar e poñen brillo de luces neste inverno gris e frío.
Unha aperta compañeiro.
Graciñas amiga miña, oxalá serva para escorrentar a friaxe.
Bicos.