Posted in General on Novembro 30, 2008 | 2 Comentarios »
(Ilustración do libro “La poesía nos une” de Aldea Poética)
Rafa tocou as nosas vidas durante un tempo fugaz, verteu sobre nós a choiva intensa dos seus versos; prestounos a súa ilusión de poeta; contaxiounos a paixón pola palabra; amosounos , acochada en metáforas, a angustia da busca, a soidade metafísica do home, pero quizais non soubemos [...]
Read Full Post »
Posted in General on Novembro 23, 2008 | 2 Comentarios »
En memoria de Rafael Alonso Sanchez, compañeiro de poemas de varios membros deste grupo, vai esta canción de Aute.
O corazón deste adicto á poesía estoupou hai unhas semanas en Vilaboa. Xa o botamos en falta.
Read Full Post »
Posted in General on Novembro 16, 2008 | Deixa un comentario »
A outra mañá sembrei amor na miña horta
reguei e abonei a terra para que crecera forte
e hoxe vexo que brota e xa saen folliñas verdes
seguirei coidándoa día a día esperando que floreza.
¡Hai mai se ti viras, que brotes fortes xa ten!
retirei as malas herbas para que nada a moleste,
puxen unhas estacas para defendelo do mal [...]
Read Full Post »
Posted in General on Novembro 8, 2008 | 1 Comentario »
Con só unha palabra túa,
o meu ánimo sublímase,
bórranseme os recordos,
non sei nin por onde ando.
Con esa palabra túa,
dáslle as a miña anima,
cruzo mares e desertos,
e todo o farei voando.
Se teño esa palabra túa,
o corazón pedirá calma,
para non agachar sentimentos,
e poder seguir amando.
Read Full Post »
Posted in General, poemas on Novembro 1, 2008 | Deixa un comentario »
O ar de paxaros,
morno e nidio,
trae lembranzas esquecidas,
e un recendo a niño vello,
a ovos sen pitos,
caducados.
O ar de plumaxes variados,
enrarecese por momentos,
e ate fede,
a orgasmos levedados,
a carne e sangue podre,
a mexos sen esquinas, resecados.
O ar quentase máis agora,
cando o disco vermello proxectado,
abrásanos coa súa chuvia caladora,
facéndonos suar por riba do pasado.
O ar que penetra nos [...]
Read Full Post »