
(Parte dunha ilustración do poemario "Mínima Moralidade")
Cando souben do pasamento de Ramiro Fonte, o primeiro que se me ocorreu foi reler algúns dos seus escritos. Non sei moi ben por que o fixen, quizais porque os seus libros seguen aí no meu andel dando fe da súa existencia, contradicindo á morte.
Precisamente de algo así nos fala el mesmo nun poema que titula “Alguén nalgún lugar”
Aquí vos deixo uns fragmentos:
………………………………
Morreu a eternidade,
Pero en ningún momento deixa de soar
A música do réquiem de Mozart porque sempre
Hai alguén escoitándoa
Nalgún lugar do mundo,
Alguén que está máis só do que ti estás agora.…………………………………
Escribimos e lemos
Para pensar que non estamos sós.E estes versos só existen
Porque nalgún lugar, neste preciso instante,
Ti, que detés os ollos nesta páxina,
Fas un pacto con eles,
Senón serían nada, baleiro, cousa inútil,
Como os sons das campás
Afogados no mar, que agora trae o vento,
Deixándonos escoitalos.Temos poucas certezas, mais podemos
Asegurar sen medo a trabucarnos
Que o libro da soidade non existe
Se non son os teus ollos os que pasan as páxinas.
Tamén os teus versos, meu admirado poeta, igual que a música de Mozart, seguirán soando nos nosos corazóns e, para non sentirnos orfos, os ollos manterán un pacto coa túa palabra. Xuntos resucitaremos a eternidade…

Me parece una entrada muy acertada y bonita Conchi
Grazas Eusebio polo teu comentario. Cada vez que perdemos un poeta unha estrela cínguese ao noso firmamento…
Gustoume moito o post Conchi. Pero sempre queda o escrito. Iso é o bo.
Grazas Hormiga. Tes razón, mentres leamos un poema, miremos un cadro ou escoitemos unha melodía, o seu autor volverá vivir para nós…
“Xuntos resucitaremos a eternidade”…
Eso é, simplemente, xenial.
Apertas a todos compañeiros
Grazas Bibí. Ímoste botar de menos este ano en Carral. Espero que sigades colaborando dende aló.
Bicos.