Xa non chores máis meu amor,
aínda que sexa de ledicia,
o corazón acostúmase,
e xa nada lograría,
co pranto acadara.
Miles de veces díxenche que te amo,
que non son ninguén sen a luz dos teus ollos,
que non me movo se non me guía a túa man,
que baixaríache a lúa mesmo que estivera lonxe,
que será o que teña que ser [...]
Arquivo de Setembro, 2008
Ámote
Posted in General, poemas on Setembro 28, 2008 | 2 Comentarios »
Fogos fatuos
Posted in General on Setembro 21, 2008 | 4 Comentarios »
Remata o verán. O sol a penas tivo tempo de deixar debuxada a nosa silueta nas areas das praias soñadas.
A choiva mollou notas musicais nas prazas. Baixo as parasoles dos cafés, aínda resoan conversas pausadas, risos estremecidos por un grolo de cervexa en horas sen reloxo.
Durante uns días rompemos o tempo, perdemos o noso espacio [...]
Setembro negro
Posted in General, poemas on Setembro 20, 2008 | 2 Comentarios »
(foto de Andrea en flickr)
SETEMBRO NEGRO
Vértese o Capital polo burato negro
das alcantarillas.
Os gurús arrepiados non saben
como coutar a hemorraxia.
.
Vértense as vidas negras
sobre as areas brancas.
Os gurús impávidos saben
pero non queren coutar a fame.
.
Sempre hai cousas que nunca entenderei.
Non son gurú.
***
Loucura
Posted in General on Setembro 17, 2008 | 1 Comentario »
A loucura vértese polo gume do puñal
cando se desata a psicose posesiva e fera.
.
Un medo ventral impídelle sortear a furia
do verdugo covarde e impotente
que demanda potestade irrenunciable
sobre a ave que antes era eva.
.
Queda só o eco nos xornais, e o tedio
no abaco do analista. A raiba traspasando
a nosa máscara de voayeures cómplices.
.
Poemas de *Naima*
Puta
Posted in General on Setembro 16, 2008 | 3 Comentarios »
(Fotografía de ·júbilo·haku·)
.
Naces aquí ou alí e igual sintes, voraz,
o sabor do salitre nos beizos
e sempre no peito o medo conxénito,
salvaxe pegada de tempos antergos.
.
Non hai marea que lave esta historia
que eu levo tatuada na pel
e que cobarde oculto na miña esquina
onde morren os afeitos.
Autora: *Naima*
A escultura en Fritz Lang
Posted in Galiza, eventos on Setembro 16, 2008 | 2 Comentarios »
O venres 19 de setembro, ás 20:00, terá lugar na Fundación Luis Seoane a inauguración da mostra “A escultura en Fritz Lang“, un percorrido pola relación entre un dos máis grandes directores de cine da historia e a importancia da escultura na súa obra.
Imagen: Stadion der Söhne, Metrópolis, 1927
¿Ti cres?
Posted in General, poemas on Setembro 9, 2008 | 2 Comentarios »
Onde van as verbas ocas?
onde os resentimentos de antano?
onde aquelo qué me dicías?
onde están os desenganos?
Hoxe disfrutas dese amor que te desborda,
ese amor que te enche e supera,
que é quizá un amor de primavera,
que disípache a lágrima e a dicha engorda.
Mañá será outro día, outra dúbida esquecida,
e dirás se valía o amor que denantes dábaseche,
mañá, [...]
A lua
Posted in General, poemas on Setembro 5, 2008 | Deixa un comentario »
A lua testemuña muda
do noso cariño foi
as estrelas na noite
e o sol ao mencer
cando ti me abandonaches
a esa lua supriquei
pedinlle que axiña volveras
e non volverte a perder.
