Polo fío do coitelo navegando,
atopeite virando xa na outra punta,
e sen tempo para falarche, disimulando,
fúcheste sen escoitar a miña pregunta.
No ar cal ruxido queixeiro,
quedouse colgado o gran estertor,
e pensaches que dicía que me morro,
cando implorábache so un favor.
Coma tan interesada estabas,
non era cousa de mirar en derredor,
diante esperabas e amorriñabas,
detrás había un pasado perdedor.

Detrás…
había un pasado perdedor do que non fuximos senón que ficamos cravados ao chan..
Enorme poema, felicidades!!
Graciñas Marae, aledome moito de que che guste.
os pasados perdedores molan, poeticamente falando, claro.