Alóxanse segundos en corpos de cera,
queimo minutos de triste espera,
arde o reloxo contando as horas,
canto máis o penso os días vanse fora,
os meses foxen do calendario,
os anos moven os díxitos ao seu antollo,
de tal sorte, que non saberás que ano corre,
tan só terás a pista, do meu abandono,
da ruína física do meu corpo,
do tráxico esperpento no que me convertín.
Xa conto o tempo en graos de area,
baleiro a praia alongando o momento,
cando o sol se pon, xiro o movemento,
do calidoscopio dos meus sentimentos,
afánome buscando aquí no máis fondo,
e só a auga co ir e vindo,
transporta esa grava que me vai facendo,
máis fráxil que antes, máis débil, lixeiro,
mentres o tictac que segue contando,
no seu longo camiño sen esperar a ninguén,
prosegue engadindo átomo a átomo,
construíndo unha vida que se vai morrendo.
O tempo foxe
Agosto 1, 2008 by E.F.B.

Nin me dira conte que tiñas un blog, quero decir outro distinto do que coñezo. Alégrome por ti. Tiñas que ter outro espacio onde verter as tuas verbas en galego.
Fermoso poema anque tristeiro.
Ana (terei que dicir que son trasdeza)