En vísperas de nada, so podo gozar
- as veces-
chupando o mesmo sal nos brazos mollados
ou finxindo
que lambo a vida co mesmo fero gusto
- o fero gusto do placer-
daquelas tardes cando rematado xa
o meu gran bocadillo de mortadela
-co sol queimandome as costas-
corría a sumerxirme nunha marea
oscura e salgada como o meu futuro
que agora se agota lento no pasado
en vísperas de nada.

Todos vivimos en vísperas de nada. O futuro non existe ata que é presente. E este fuxe con premura deixándonos só o degoiro do que foi….