Feeds:
Anotacións
Comentarios

Arquivo de Xullo, 2008

 
 Meus queridos amigos, amantes da poesía, se aínda non vos achegastes ao Museo de Belas Artes  a contemplar  as fotografías de Chema Mandoz ( Madrid, 1958)  paga a pena que o fagades sen perda de tempo . Remata  o día 27.
  
 
Esta exposición amósanos que as metáforas non son  patrimonio exclusivo  da poesía. Trala falsa obxectividade [...]

Read Full Post »

Agarda

Camiñarei cos pes espidos,
enriba do limiar do teu encontro,
non as sentir a miña pegada engaiolándote.
Chegarei ao teu leito no silencio agardado,
coma un sono de cotío,
coma un desexo que berrará certezas.
Chegarei e abraiarei a nudez das túas cumes,
o paso a teu orto, a fonte do teu zume.
Chegarei, tan so chegarei,
e deixarás estoupar as túas ondas na [...]

Read Full Post »

En vísperas de nada

En vísperas de nada, so podo gozar
- as veces-
chupando o mesmo sal nos brazos mollados
ou finxindo
que lambo a vida co mesmo fero gusto
- o fero gusto do placer-
daquelas tardes cando rematado xa
o meu gran bocadillo de mortadela
-co sol queimandome as costas-
corría a sumerxirme nunha marea
oscura e salgada como o meu futuro
que agora se agota lento [...]

Read Full Post »

O Alzhéimer

Onte cando aínda non te coñecía,
nin sequera sabía o que ía poñer,
onte segundo fun escribindo,
funte coñecendo e empecei a padecer.
Imaxino a túa faciana de engurras sinalada,
polo facer dos anos e por teu proceder.
Eses ollos esquivos de pestanas pregadas,
noutrora espelidos, inquisidores tamén,
hoxe abaten as súas as, nin sequera míranme,
e que é case seguro que non me [...]

Read Full Post »

Crime

Sígote a unha ducia de pasos, en silencio,
lume fatuo que xea as miradas,
non te decatas, lévasme pegado,
lume lacerante que roe as entrañas,
na esquina encontras ao teu amado,
lume febril que escacha as nosas almas,
bicos e cariños xunto ao mercado,
e a Luger escápanlle dúas balas,
queríate e a miña vida tes arruinado,
non erro nunca a esta distancia.

Read Full Post »