Para Conchi que nuns días viaxará a Estambul.
Su Karsiki dagda bir fener yanar interpretada por Selim Sesler & Orchester é unha das cancións da banda sonora de Contra la pared, unha fermosa película do director turco-alemán Fatih Akin.
Boa viaxe amiga!

Grazas, Hormiga, polo agasallo de tan fermosa canción. Pecho os ollos , escoitoa e xa me vexo sentada no café Pierre Loti, no barrio de Eyüp, onde seica adoitaba tomar café este escritor, do que toma o nome o establecemento; parece ser que ao longo das súas viaxes quedou marabillado de Estambul e casou cunha turca que fuxiu do harén do seu home e logo aparece como personaxe na súa primeira novela. Creo que dende alí, pódese admirar unha magnifica panorámica. Lembrareite cando estea alí.
E tamén á volta procurarei ver a película “Contra la pared” , acabo de ler o argumento e semella estar ben.
Unha aperta.