Acabo de ler “Made in Galiza” de Séchu Sende. Un libro na procura das palabras e da liberdade; ateigado de tenrura, rebeldía e humor; no que a crítica, intelixente, certeira e chea de ironía, que ás veces mesmo semella candorosa, non fire pero faite reflexionar con seriedade no gume dun sorriso.
Non podo resistir a tentación de transcribir aquí o comezo dun capítulo que leva o mesmo encabezamento que esta entrada
“Welcome to the best method to learn Galiciam
Bienvenu à la meilleure mèthode por appendre le galicien!
El primer paso que debería dar la persona que pretenda empezar a hablar gallego es sacarse una fotografía tamaño carné para tener un recuerdo de cómo era antes de saber hablar gallego.
El segundo paso requiere un esfuerzo algo mayor: enfrentarse a leer sin miedo en la lengua objeto del aprendizaje. ¡Suerte!
E xa estamos no terceiro paso, que ten que ver co método Bulinsky de interpretación teatral, que consiste en asumir o papel dun personaxe que está aprendendo unha lingua con todas as consecuencias dramáticas que iso supón.”
Logo segue a falar sobra a utilidade de disfrazarse, no caso de persoas tímidas, para pasar desapercibidos diante dos coñecidos, que cos seus comentarios poden provocar o fracaso da aprendizaxe. (Volvo transcribir as palabras do autor)
“— ¿Y luego ahora hablas gallego? pues te veo rara ( cun ton burlón)
— Uy que gracioso estás…(cínico)
— ¿Y que dicen tus padres de todo esto? (incrédulo)
— ¿Y cómo te dio por ahí? (asustada)
— Ostia, colega, ¿y tú de que vas? (molesto)
— Aún si lo hablaras bien… (indignada)
— Nótase que no o mamaches (purista)”
Creo que o libro non ten desperdicio. É sinxelo, divertido, cheo de vida. Unha hábil mestura de anacos de realidade sen artificio, historias cheas de imaxinación e pequenos relatos que se asemellan aos soños.


Sechu foi único e como vexo, segue a ser único. Tiven o privilexio de aprender del dentro do aula pero sobre todo, fora do mesmo. E penso que falando por min mesma asi como polo resto dos meus compañeiros, a todos nós, en maior ou menor medida, nos marcou, como profesor e como persoa. Sempre sendo él, sempre sendo único, sempre sendo: Sechu Sende
Tes razón, Bibi, ter un bo mestre é un verdadeiro privilexio, pero tamén o é ter alumnos que así o recoñezan.
Ter un bo profesor sempre deixa pegadas nun.
Qué penso?Os que vivimos na emigración,na nosa mentalidade sempre estaba…o noso Pobo.
Recordo esos anos… de Loita.
Club de poesía de Carral……………Lástima que poetas da nosa TERRA non poidan reflexar os seus pensamentos.
Crearemos un novo CLUB POÉTICO,aberto as novas tendencias,sin distincións..Onde cada Galego poida expresar o que sinte.
En que apartado desta páxina podemos transmitir os nosos poemas?…..Soamente algún privilexiado pode escribilos.
Seguide sendo tan exclusivos…soamente os de CARRAL.
Mira Tere, xa me cansei de dicirche que se queres escribir na páxina mandes os poemas que chos poño nela. Que se queres ir as reunións que vaias…En fin, que se non queres, pareceme ben, se queres vir, tamén. Pero os teus comentarios cada día aproxímante máis ó que en internet se chama “troll”. Pero pareceme moi ben que os poñas. Todo o mundo ten dereito a divagar. Claro que dicir que somos exclusivos dalle a esta páxina máis valor do que en sí ten. Así que, polo que me toca, graciñas. Se queres enviar algo xa che din o email hai tempo. Non dubides que o imos publicar. Quedamos á espera e cando gustes sírvete ti mesma.
Eu tamén mandeiche un correo dicíndoche cómo publicar aquí os teus poemas, aínda estou esperando a resposta, xa dubido de se o que dis é certo ou se tes gana de dar a leria.
Tedes razón,Hormiga e E.F.B .
Podo escribir un dos meus poemas nun e-mail…e vos,o -os incluiredes nunha páxina,nesta,sen dúbida..
Difícil situación.Tan complicado é pensar nun apartado de poesía onde cada un poida aportar os seus pensamentos?
Grazas os dous.Xa participo cós meus poemas, nunha páxina moi entrañable.monesvaldeorras.es(no apartado relatos)A miña volta de Gambia,crearei unha páxina aberta a nosa poesía,poesía Galega sen complicacións,onde se poida participar directamente.
Un saúdo.
Tan prolífico coma sempre Eusebio. Eu, nembargantes so penso en vaguear…
Eusebio…Penso igual que Hormiga.Vaguear…Coñecer e …Disfrutar.Qué É a vida?Quizais…desexar vaguear.
Un saúdo,Hormiga.