Se tes o día moi plano
se no ves saída ao problema,
non te acedes ti por iso,
rite da vida,
cambia a faciana,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.
Se a parella non te comprende,
se con outro xa se entende,
non te encollas meu amigo,
busca outra,
colle abrigo,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.
Se vas mal e é evidente,
mestúrate con outra xente,
plántalle cara ao mal tempo,
loita por saír adiante,
esquece o dano,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.
Se a pesar do que che digo,
non te entonas, estás espeso,
non te aflixes ti con iso,
ergue o corpo,
sen mirar o embigo,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.
