Chameite ¡amor!
e deixaches ca tenrura
se fixera dona de ti,
ate tremar coma unha folla
dunha arbore no outono,
a piques de caer,
pero resistíndose aínda.
Así, ofrecíchesme os beizos,
tremosos tamén,
vibrantes pola paixón do intre.
Enlazaches a túa pálida man ca miña,
que o collela e notala tan suave,
tan fría, tan fráxil,
pensei sostela soamente
non se fora partir.
E o bico, sublime agarimo,
que me lanza o universo.
Diría que floto no cosmos,
sen saber realmente a miña postura no espacio.
E mais, diría que perdo o sentido,
e atópome nunha nube gozosa de algodón, suave toda.
Levitando
Maio 26, 2008 by E.F.B.
