Non o esquezades, o venres, dia 23 ás 20:30 tedes unha cita na Biblioteca Municipal de Carral
O CONCELLO DE CARRAL
Comprácese en convídalo/a ao acto de entrega do premio do
XI CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”
O acto contará co seguinte programa:
– Entrega do premio a Paulino Peña Álvarez pola súa obra “Gramática da afirmación”
– Presentación do libro “Nadja c’est moi” de Xosé Luís Mosquera Camba (gañador do X Certame de Poesía Concello de Carral)
– Presentación da perfomance poética “A perfomance da vulvareta” de Valentina Carro Padín.
– Presentación do poemario Poemas II do Club de Poesía de Carral.
– Espectáculo “Palabras contadas”, unha narrativa musical de Camilo Franco con música en directo de Magín Blanco.
O acto, que contará coa participación de José Luis Fernández Mouriño (Alcalde de Carral), Xosé Luis Mosquera Camba (autor de Nadja c’est moi e membro do xurado da undécima edición do certame poético), Ánxeles Penas e Luciano Rodríguez (membros do xurado da undécima edición do certame poético), e de Miguel Anxo Fernán Vello (editor), terá lugar o venres 23 de maio, ás 20:30 h na Biblioteca Municipal (Casa da Cultura, Paleo nº 17, Carral

Ó final houbo pinchos…
Xa, é ben certo, e ademais de sobra, quizais porque faltou moita xente…
Qué magoa. Eu que non me perdo unha e menos se hai pinchos…. A ver se pra próxima podo ir.