Hoxe, día 16 de maio ás 19:00 horas, na Libraría de O Corte Inglés, os membros do Club de Poesía, constituído recentemente a raíz dun cursiño impartido por Miguel Anxo Fernán-Vello, lerán unha escolma de poemas de Xosé María Álvarez Blázquez, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letra Galegas. A todas as persoas que o desexen facilitaránselle textos para que se sumen a esta homenaxe. Animádevos!

Aí vai unha mostra da súa creatividade, espero que vos guste.
Roseira do teu mencer
[Escolma]
Era un airiño soave
Era un airiño soave
que se erguéu pol-a mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se metéu pol-a porta.
Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.
Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas…
¡Eras tí!
De Xosé María Álvarez Blázquez