Ti tamén es o Eume, ¡faltaría máis!
despois de deixar alí retalos da túa vida,
enseando a xente, dentro e fora da escola.
Mariñeira de mares ríos e montañas,
sensible as cores da natureza,
que vertes os teus cariños,
da mesma maneira con humans, animais e plantas,
para todos sóbrache, a pesares da enfermidade
que mínache o espírito.
Dille a Inés que se poña guapa,
que molle as plumas para que teñan brillo,
ao canciño que durme ao carón da cociña,
que se poña ledo,
a neta cando a durmas no berce,
e a familia que escoite estas verbas,
que sen moito xeito dedicouche un lerdo.
Dedicado a Gema.

Encántame o teu poema,E.F.B.
O río Eume,a Fraga do Eume…Canta ledicia sinto cando
contemplo as suas paisaxes.
Eu tamén escribín un poema sobre A Fraga do Eume,sobre os seus encantos.
É tan difícil escribir un poema nesta páxina web de Carral!!!Eu ,xa paso…
Pensade nun apartado onde podamos escribir xente doutras cidades e comunidades.
É unha lástima que pretendamos participar con algunha poesía e…que soamente publicades nesta fermosa páxina…unha mínima parte.
Un saúdo.