O acto do día 23 de maio na Biblioteca de Carral serviu para presentar o segundo caderno de poesía do Club de Carral. Titulado POEMAS II e cunha portada ilustrada por Ángela Fernández, esta publicación recompila versos escritos pola maioría dos membros do Club de Poesía de Carral. Ademais, Xosé Luís Mosquera Camba cedeu un [...]
Arquivo de Maio, 2008
Presentación de Poemas II
Posted in Galiza, eventos on Maio 30, 2008 | Deixa un comentario »
Hai unha semana…
Posted in Galiza, General, eventos, poemas, etiquetado Carral, Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Peña, Xosé Luís Mosquera on Maio 30, 2008 | 1 Comentario »
Paulino Peña recibiu o premio de poesía de Carral, e Xosé Luís Mosquera presentou Nadja c’est moi.
Nun fermoso acto na Biblioteca Municipal de Carral, o 23 de maio, o alcalde de Carral entregou o XI premio de poesía gañado por Paulino Peña co poemario Gramática da afirmación. O autor ourensán recibiu un premio económico de [...]
Unha viaxe derivada…
Posted in General, poemas, xogos on Maio 30, 2008 | 3 Comentarios »
Este é un poema escrito a tres mans. Sentados baixo os soportais dunha praza á que chegamos case ao chou, nunha viaxe virada de rumbo, e mentres agardabamos que parara de chover, xantamos e intentamos engaiolar aquel intre (todos os momentos son únicos ) entre as rellas das palabras. Por certo, a choiva non cesou…
Viaje [...]
Ruxe, ruxe e non te enferruxes
Posted in General, poemas on Maio 30, 2008 | Deixa un comentario »
Se tes o día moi plano
se no ves saída ao problema,
non te acedes ti por iso,
rite da vida,
cambia a faciana,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.
Se a parella non te comprende,
se con outro xa se entende,
non te encollas meu amigo,
busca outra,
colle abrigo,
ponte teso,
ruxe, ruxe,
e non te enferruxes.
Se vas mal e é evidente,
mestúrate con outra xente,
plántalle cara [...]
Esas mulleres…
Posted in General, poemas on Maio 27, 2008 | Deixa un comentario »
¡Cariño! ¿onde puxeches a miña roupa?
pánico me da tocar nada,
está todo tan ben colocadiño…
pero, ¿que é cada cousa?
si, os calcetíns xa se ve
¿é o resto?
¿podo revolver neste montón?
xa…, despois ti tes que amañalo
¿daquela ves a darmo?
a camisa e os pantalóns xa os vexo
primeiro ei por a roupa interior
¿qué dis? ¿qué agora ves ti e me [...]
Levitando
Posted in General, poemas on Maio 26, 2008 | Deixa un comentario »
Chameite ¡amor!
e deixaches ca tenrura
se fixera dona de ti,
ate tremar coma unha folla
dunha arbore no outono,
a piques de caer,
pero resistíndose aínda.
Así, ofrecíchesme os beizos,
tremosos tamén,
vibrantes pola paixón do intre.
Enlazaches a túa pálida man ca miña,
que o collela e notala tan suave,
tan fría, tan fráxil,
pensei sostela soamente
non se fora partir.
E o bico, sublime agarimo,
que me lanza [...]
Non podedes rexeitar este convite…Agardámosvos
Posted in General on Maio 21, 2008 | 3 Comentarios »
Non o esquezades, o venres, dia 23 ás 20:30 tedes unha cita na Biblioteca Municipal de Carral
O CONCELLO DE CARRAL
Comprácese en convídalo/a ao acto de entrega do premio do
XI CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”
O acto contará co seguinte programa:
– Entrega do premio a Paulino Peña Álvarez pola súa obra “Gramática da afirmación”
[...]
Compartindo lecturas….
Posted in General, blogsfera on Maio 21, 2008 | 1 Comentario »
Estou relendo a un dos meus poetas preferidos, José Ángel Valente, e quero compartir con vós o que di da escritura no seu libro Mandorla (1980-1982)
“Escribir es como la segregación de las resinas; no es acto, sino lenta formación natural. Musgo, humedad, arcillas, limo, fenómenos del fondo, y no del sueño o de los sueños, [...]
Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez
Posted in Galiza, eventos on Maio 16, 2008 | 1 Comentario »
Hoxe, día 16 de maio ás 19:00 horas, na Libraría de O Corte Inglés, os membros do Club de Poesía, constituído recentemente a raíz dun cursiño impartido por Miguel Anxo Fernán-Vello, lerán unha escolma de poemas de Xosé María Álvarez Blázquez, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letra Galegas. A [...]
Literatura e compromiso.
Posted in Galiza, eventos on Maio 12, 2008 | Deixa un comentario »
Remate do ciclo de conferencias “Os camiños da literatura galega”
María Xosé Queizán e Miguel Anxo Fernán-Vello dan, este xoves 15 de maio ás 20:00h., unha conferencia co título “Literatura e compromiso. A palabra explica a vida“.
O acto celebrarase no Centro Cultural Caixanova da Coruña (Avda. da Mariña, s/n).
