Has ser práctica, din:
ós coarenta poderás ter luxos
como disfrutar dun bo coche
como ter chalé na aldea.
Has ser práctica,
logo poderás facer o que queiras
quer dicir: levar pelo longo
quer dicir: non vestir de maniquí
quer dicir: ser anarquista
quer dicir: o que desexes
poderas?
quererás?
e si ós coarenta perdiches o pelo,
os soños, as ganas, os desexos?
***
J.Gómez

Creo que en calquera intre, querida Hormiga, hai que vivir (e disfruta) o presente, é o único que temos seguro.
Os teus poemas sempre tan reflexivos… e críticos
Penso que o conto está en levar a práctica o que se di, a teoría sempre ten unha cara que anormalmente non se ve logo nese facer do día a día. O tempo pon a cada quen no seu sitio.
Non penso que o tempo poña a cada quen no seu sitio. Ó contrario, o tempo fai que moitos esquezan cal era o sitio que buscaban, qué era o que desexaban. O tempo é a desgana fai a moitos ser prácticos e rendirse.