Díxenche… Amor, e contestaches,
que nunca te dixera, ¡quérote!
falamos de que hai moitas formas de dicilo,
díxencho con feitos,
con murmurios de follas secas,
con ramos de rosas roxas,
con encontros abraiantes,
con aceptacións inesperadas,
con perdóns non pedidos,
con erros emendados,
con enfados extinguidos.
Sempre estiven ao teu carón,
aínda sen ter nada contigo.
Arquivo de Abril, 2008
Amor
Posted in General, poemas on Abril 29, 2008 | Deixa un comentario »
Ganador do XI Certame de Poesía “Concello de Carral”
Posted in concursos, eventos, poemas on Abril 28, 2008 | Deixa un comentario »
Recibimos este comunicado co nome do gañador do Certame de poesía.
O xurado do XI Certame de Poesía “Concello de Carral”, formado por Luciano Rodríguez, Ánxeles Penas García e Xosé Luís Mosquera Camba, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura María José García Fariña, e como secretario Carlos Lorenzo Pérez, acordou elixir o poemario titulado [...]
Poesía de nós as dúas
Posted in Galiza, poemas, etiquetado Angela F., poemas on Abril 23, 2008 | 1 Comentario »
No principio dos tempos a ameba alzou un berro
cara ao ceo, insultante,
preguntando por deus
mais Él non contestou
sò plantou unha maciñeira
e ofreceulle a mazá coloradiña
co corazón carcomido pola culpa
dun verme taladrando o cerebro
da Humanidade podre
do desencanto do mundo.
Ángela-Gema, Playa Club
03 – 03 – 08
Non te perdas este recital
Posted in Galiza, eventos, etiquetado Ánxeles Penas, recitais on Abril 22, 2008 | Deixa un comentario »
Hoxe, Día do libro, na Biblioteca Pública da Coruña “Miguel González Garcés” haberá un “Recital poético-musical de Ánxeles Penas e o violinista ruso Mijail Moriatov”
Será unha viaxe a través da poesía universal.
Salón de actos
Horario: 20 h.
Aperta
Posted in General, poemas, etiquetado E.F.B., poemas on Abril 22, 2008 | Deixa un comentario »
A vin chegar e me entregou a súa
liberdade con aquel lazo,
a tenrura abriulle paso a paixón
e esta desbocouse fundíndonos,
nun amor que durou…,
o que dura unha estrela fugaz no ceo,
o lazo final estaba desfeito,
sen ataduras corpóreas,
anque as nosas almas seguiron unidas.
Ate que co paso dos anos,
aquela semente que estaba durmida,
nun aeroporto volveuse a vida,
collinlle a cintura, [...]
Recitais
Posted in Galiza, General, etiquetado recitais on Abril 22, 2008 | Deixa un comentario »
Voltan os Martes literarios na galería Sargadelos.
Galego fora de Galicia
Posted in General, eventos, etiquetado galego, lingua on Abril 21, 2008 | Deixa un comentario »
Recollín este texto do blog do Náufrago
A mesa redonda en Salamanca estivo moi ben. Anxos Sumai e O Leo brillaron coma sempre. Eu fixen o que puiden.
En calquera caso, foi un pracer enorme ver alí tanto alumnado de galego de fóra de Galicia. Xente non galega interesada en aprender a nosa lingua e saber da [...]
Boa viaxe
Posted in General, poemas, etiquetado E.F.B., poemas on Abril 21, 2008 | Deixa un comentario »
Fúcheste case sen facer ruído,
en noite de ceo estrelado,
o teu luceiro foi esmorecéndose paseniño, paseniño,
ate quedar o seu sitio esvaecido no escuro,
coma se fose un oco da mesma cor.
Hoxe fuxiu ao infinito a túa estrela,
tan lixeira na saída, que non deches tempo as despedidas.
Cartas a un poeta novo
Posted in General, etiquetado Rainer María Rilke on Abril 19, 2008 | 3 Comentarios »
Usted pregunta si sus versos son buenos. Me lo pregunta a mí, como antes lo preguntó a otras personas. Envía sus versos a las revistas literarias, los compara con otros versos, y siente inquietud cuando ciertas redacciones rechazan sus ensayos poéticos. Pues bien -ya que me permite darle consejo- he de rogarle que renuncie a [...]
Poesía salvaxe en Ferrol
Posted in General, eventos on Abril 16, 2008 | Deixa un comentario »
Hoxe empeza a I Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol. Non dubides en achegarte, ten moi boas pinta.
