• Páxina principal
  • Licenza de uso
  • Sobre nós
  • Poemas I
  • Poemas II

Clube de poesía de Carral

Feeds:
Anotacións
Comentarios

Quén máis se apunta ó xogo?

Febreiro 24, 2008 by hormiga

Estiven lendo o poema de Estíbaliz Espinosa Mil monos marchan e o de Igor Lugris . O primeiro usa, somentes, palabras que empezan pola M e o segundo empregou palabras con F. Eu que gusto do N non o pensei máis. Axiña me arrepentín, parecéronme poucas as palabras co N, pero non quixen desistir e aquí está o que malparín:

Negar

Neguémos nomearnos necios!

Neguémonos! Namentras notables nautas
notifican nocivos naufraxios.

Nós, navallas no noxo nutridas,
noveles normalizados na nausea,
notorios nugalláns nados na nulidade,
noctámbulos nómadas na noite nus,
ninguneados netos neglixentes
neutralizados na neurastenia nai,
nidios nihilistas, nós,
nortearemos negruras neboentas
no novilunio nefasto.

Non necesitamos nardos nin ninfas núbiles,
non necesitamos nigromantes novidosos
nin nazarenos narcisistas

Necesitamos nadegádas nos nervios neurolóxicos,
necesitamos negar neste normalizado negror nocturno,
negar negando negociados necrófagos
negar nacendo
nacer negando.

*** por J.Gómez

Os que queiran xogar elíxan letra e envíen o poema. Xoguemos pois…

Publicado en blogsfera, poemas, xogos | Etiquetado J.Gómez, poemas, poesía | 9 Comentarios

9 Respostas

  1. on Febreiro 24, 2008 a 11:18 pm opia

    Que bárbara!


  2. on Febreiro 24, 2008 a 11:24 pm mil monos marchan « …mmmm…

    [...] de Igor  a través deste post. E con excelentes resultados que fan caer mandíbulas.  Aquí e aquí. Fagan xogo!! O abecedario é finito, [...]


  3. on Febreiro 25, 2008 a 12:01 am hormigax

    Pois moitas grazas, a ver se se animan outros.


  4. on Febreiro 25, 2008 a 11:20 pm E.F.B.

    ¡Que ben che quedou! tentarei de facelo, pero antes buscarei a letra, inda non a pensei.


  5. on Febreiro 25, 2008 a 11:42 pm Conchi

    Excelente… Escribes estupendamente, enfias estrofas e eclosionas ecléticas estrelas escondisas. Emocinante!!!!!!!


  6. on Febreiro 25, 2008 a 11:55 pm hormigax

    jajaja, grazas, non precisas decir máis Conchi, está claro que pensas escribir escolmas a esgallo co E


  7. on Febreiro 26, 2008 a 3:04 pm Igor

    Óptimo!!!

    Olha, vou-cho roubar, para o meu blog, porque como di a Estíbaliz… fago colecçom!

    Saúdos das terras berzianas e arraianas.


  8. on Febreiro 26, 2008 a 10:19 pm hormiga

    Non fai falla que o roubes, todo o meu é Creative Commons.


  9. on Marzo 2, 2008 a 11:00 am gemax

    Non negues nunca nada ninfa nívea, nada núa na noite negra.

    nug, nugggggggggggggggggg



Os comentarios están pechados.

  • Anotacións recentes

    • Baudelaire
    • Vidros escachados
    • a nena
    • Consellos
    • Cándo?
  • Comentarios Recentes

    E.F.B. en Vidros escachados
    hormiga en a nena
    Conchi en a nena
    Conchi en Vidros escachados
    E.F.B. en Vidros escachados
  • Páxinas

    • Licenza de uso
    • Poemas I
    • Poemas II
    • Sobre nós
  • Blogmillo

    • …mmmm…
    • A canción do naufrago II
    • A Regueifa
    • Axenda Cultural AELG
    • Bitácora do Pequod
    • Cuadernología
    • El rincón de un lerdo
    • Espacio Literario Caixanova
    • Juan Gelman
    • Las afinidades electivas
    • O trasno viaxeiro
    • Ovnis e isoglossas
    • Poesía salvaje
    • Quén nos move?
  • Webs

    • andar 21
    • Biblioteca virtual galega
    • Biolencia
    • Concello de Carral
    • Cultura galega
    • Poemas de Pessoa
    • Poemas en francés
    • Poemas en inglés
    • Poesía digital
    • Poesía erótica
    • Posesía árabe
    • Revista das Letras
    • Vieiros
  • a

  • Arquivos

    • Novembro 2009
    • Outubro 2009
    • Setembro 2009
    • Xullo 2009
    • Xuño 2009
    • Abril 2009
    • Marzo 2009
    • Febreiro 2009
    • Xaneiro 2009
    • Decembro 2008
    • Novembro 2008
    • Outubro 2008
    • Setembro 2008
    • Agosto 2008
    • Xullo 2008
    • Xuño 2008
    • Maio 2008
    • Abril 2008
    • Marzo 2008
    • Febreiro 2008
  • Blog Stats

    • 9,592 hits
  • Meta

    • Iniciar sesión
    • Entries RSS
    • RSS dos comentarios
    • WordPress.com

Bloguea en WordPress.com.

Theme: Mistylook by Sadish.